Un aro é un xoguete en forma de circunferencia que os nenos usan para xogar, por exemplo facéndoo rodar cun pau intentando que non caia, ou facelo xirar arredor do corpo (hula hoop).

Nena con aro, de Renoir

O xogo consistía, tradicionalmente, en facer rodar, en equilibrio, un aro (que antigamente se fabricaba a partir dun caldeiro vello ou coa roda dunha bicicleta, aínda que hoxe en día, se usan máis os de diferentes plásticos e similares). Para suxeitar o aro, pódese usar unha guía, que é un pau con forma de gancho na punta (inicialmente era un arame, pero foi substituído polos mesmos materiais que se usan hoxe en día para os aros.

Cando se acada a habilidade necesaria, pódense facer xogos e competicións varias de velocidade, habilidade ou realizar circuítos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar