Arnoldas Kulboka
Arnoldas Kulboka, nado o 21 de marzo de 1998 en Flint, Míchigan, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga no Promitheas Patras BC da A1 Ethniki. Con 1,98 metros de estatura xoga nas posicións de ala e ala-pivote.
Promitheas Patras – No. 98 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 4 de xaneiro de 1998 (26 anos) Marijampolė |
Nacionalidade | Lituania |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 107 kg (236 lb) |
Posición | Ala / Ala-pivote |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2018 / Rolda: 2 / Elección: 55 Por Charlotte Hornets |
Carreira | dende 2014 |
Historial de equipos | |
Žalgiris-2 (2014–2015) Brose Bamberg (2015–2019) → Baunach Young Pikes (2015–2017) → Orlandina Basket (2017–2018) Bilbao Basket (2019–2021) Charlotte Hornets (2021−2022) → Greensboro Swarm (2021−2022) Promitheas Patras (2022–presente) |
Traxectoria profesional editar
O 21 de xuño de 2018, Kulboka foi seleccionado polos Charlotte Hornets na 55ª posición do Draft da NBA de 2018.[1] En 2018 disputou a Liga de Verán da NBA cos Hornets.[2]
O 6 de agosto de 2019, Kulboka asinou co Bilbao Basket da Liga ACB.[3] Na súa primeira tempada en Bilbao, acadou 8.5 puntos e 3.6 rebotes por encontro. O 12 de xuño de 2020, Kulboka e o Bilbao Basket renovaron o contrato do xogador dúas tempadas máis.[4]
O 3 de agosto de 2021, Kulboka asinou cos Charlotte Hornets un contrato por un ano, nun acordo no que dividiría o tempo de xogo entre os Hornets e o seu afiliado da NBA G League, os Greensboro Swarm.[5] O 11 de decembro de 2021, Kulboka debutou na NBA contra os Sacramento Kings.[6]
Notas editar
- ↑ Levitt, Daniel (22 de xuño de 2018). "NBA draft 2018: Phoenix Suns select Deandre Ayton with No 1 pick – live!". The Guardian. ISSN 0261-3077. Consultado o 22 de xuño de 2018.
- ↑ "Hornets Announce Roster for MGM Resorts NBA Summer League 2018". NBA.com. 5 de xullo de 2018. Consultado o 25 de xullo de 2018.
- ↑ "Arnoldas Kulboka joins Bilbao". Sportando. 6 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2019. Consultado o 6 de agosto de 2019.
- ↑ "Arnoldas Kulboka extends with Bilbao". Sportando. 12 de xuño de 2020. Consultado o 12 de xuño de 2020.
- ↑ Wash, Quinton (3 de agosto de 2021). "Charlotte Hornets Sign Arnoldas Kulboka and Scottie Lewis To Two-Way Contracts". NBA.com. Consultado o 3 de agosto de 2021.
- ↑ "Lauktas debiutas: NBA rungtynėse pasirodė 15-asis lietuvis lygos istorijoje". 15min.lt (en lituano). Consultado o 11 de decembro de 2021.