Arnold de Lantins
Arnold de Lantins, tamén coñecido como Arnoldus de Lantinis, (fl. 1420 - antes do 2 de xullo de 1432), foi un compositor de finais da Idade Media e principios do Renacemento pertencente á escola francoflamenga.[1] É un duns poucos compositores que amosa aspectos dos estilos medieval e renacentista. Foi contemporáneo de Guillaume Dufay durante a estadía deste en Italia.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1420 (Gregoriano) Diocese de Liège (pt) |
Morte | década de 1430 (<2 de xullo de 1432) (11/21 anos) Roma |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Música medieval (pt) e Música renacentista |
Ocupación | compositor |
Movemento | Escola franco-flamenga |
Lingua | Lingua francesa |
Traxectoria editar
Igual que ocorre con outros compositores desta época, coñécese moi pouco sobre a súa vida, fóra duns poucos anos desde a década de 1420 ata arredor de 1430. Crese que proviña de Flandres ou de zonas próximas. A principios da década de 1420 é probable que estivese ao servizo da familia Malatesta, en Rimini ou Pesaro, cidades do Adriático italiano, xa que Dufay o menciona no texto dun rondó que foi escrito entre 1420 e 1424. Sábese que Lantins estaba en Venecia en 1428 e en Roma en 1431; nesta última cidade formou parte do coro da capela papal como cantante, xunto a Dufay[3][4]. Permaneceu en Roma seis meses e despois nada se sabe do resto da súa vida. Roma estaba a entrar nun período de axitación relacionada co movemento conciliador tras a morte en febreiro de 1431 do papa Martiño V, e moitos músicos abandonan a cidade nese momento ou pouco despois; é probable que Lantins fose un deles.
Non se pode asegurar se Arnold de Lantins era parente de Hugo de Lantins, un compositor activo no mesmo tempo ca el. Non é improbable, xa que as obras de ambos adoitan figurar xuntas en coleccións e parece que puideron estar nas mesmas rexións xeográficas. No entanto, unha gran diferenza estilística entre as obras dos dous compositores confirma que non pode ser a mesma persoa.
Obra editar
A música de Lantins tívose en alta estima e aparece xunto á de Guillaume Dufay, Gilles Binchois e Johannes Ciconia nas coleccións de manuscritos contemporáneos. Un motete en particular (Tota pulchra es) atópase en fontes amplamente difundidas e, dado que isto tivo lugar antes da chegada da imprenta, a ampla distribución das copias considérase unha evidencia da fama e da popularidade dos compositores.[5]
Arnold de Lantins escribiu diversas misas completas e tamén varias partes dunha misa composta en Boloña sumándose aos movementos escritos por Johannes Ciconia. Existen outros exemplos de autores que engaden movementos a misas parciais escritas por outros compositores, como por exemplo Zacara da Teramo. Os movementos de misas de Arnold de Lantins son bastante simples musicalmente, con tres voces; utiliza a técnica do motivo principal e evita a escritura imitativa.[6]
Algunhas das súas obras sacras, como os seus motetes marianos, conteñen escritura melódica florida e certo uso da imitación.
Tamén escribiu música profana, entre a que se inclúen baladas e rondós, todos en francés, así como algunhas outras pezas máis curtas. Algúns deles refírense a persoas ou acontecementos específicos, pero ningún se puido identificar de xeito concluínte.
Misas editar
Motetes editar
Baladas editar
|
Rondós editar
|
Discografía editar
- 1954. Music at the Burgundian Court. Dufay, Ockeghem, Obrecht. Pro Musica Antiqua, Safford Cape. (Vanguard Everyman).
- 1988. Musica del XV Secolo in Italia. Ensemble Ars Italica. (Tactus). (Contén In tua memoria).
- 1995. Music in Flemish Cities and Beguignages 1400-1500. Capilla Flamenca. (Eufoda).
- 2001. Lantins: Missa Verbum incarnatum. Capilla Flamenca, Psallentes, Oltremontano (Ricercar Records). (Contén O pulcherrina mulierum).
- 2008. The St. Emmeram Mensural Codex. Múnic, Bayerische Staatsbibliothek, clm 14274. Stimmwerck. (Aeolus). (Contén Tota pulchra es).
- 2011. The Flemish Polyphony. Varios intérpretes. (Ricercar).
Notas editar
- ↑ Randel, Don Michael. The Harvard Biographical Dictionary of Music. Harvard University Press. 1996. Páxina 484. (En inglés)
- ↑ Allsen, J. Michael; Schoop, Hans. "Arnold de Lantins". En Grove Music Online Arquivado 01 de xuño de 2013 en Wayback Machine.. Ed. Macy.
- ↑ Planchart, Alejandro. "Guillaume Dufay". En Grove Music Online Arquivado 01 de xuño de 2013 en Wayback Machine.. Ed. Mancy.
- ↑ Gleason, Harold et Al. Music in the Middle Ages Renaissance. Alfred Music. 1988. Páxina 99. (En inglés)
- ↑ Arnold de Lantins. En Allmusic.com (En inglés)
- ↑ Widaman, Jean. The Mass Ordinary Settings of Arnold de Lantins: a Case Study in the Transmission of Early Fifteenth-Century Music Arquivado 14 de maio de 2013 en Wayback Machine.. 1988
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Allsen, J. Michael & Schoop, Hans. "Arnold de Lantins". Grove Music Online. Ed. L. Macy. (En inglés)
- Kućmierz, Lida: Construction of music in non-mass works of Arnold de Lantins. Tese de doutoramento. Universidade Iaguelónica de Cracovia. Polonia 1995. (En inglés)
- Caldwell, John. Medieval Music. Indiana University Press, 1978. (En inglés)
- Galo, F. Alberto & Cattin, Giulio: Historia de la música 2: El Medioevo I. Historia de la música 3: El Medioevo II. Turner, 1987. (En castelán)
- Gleason, Harold et Al. Music in the Middle Ages and Renaissance. Alfred Music, 1988. (En inglés)
- Hoppin, Richard. Medieval Music. W. W. Norton, 1978. La música medieval. Akal, 2000. (En inglés e en castelán)
- Reese, Gustave: Music in the Middle Ages. W. W. Norton, 1940. La música en la Edad Media. Alianza, 1989. (En inglés e en castelán)
Ligazóns externas editar
- Partituras de Arnold Arquivado 15 de novembro de 2019 en Wayback Machine. de Lantins en Choral Public Domain Library (CPDL).
- Arnold de Lantins. Manuscritos dixitalizados en Digital Image Archive of Medieval Music (DIAMM).
- Gravación de In tua memoria de Lantins. Interpretada por Umeå Akademiska Kör.
- Gravacións de pezas de Lantins en YouTube.