Arnett Moultrie

baloncestista estadounidense

Arnett Nathaniel Moultrie, nado o 18 de novembro de 1990 en Queens, Nova York, é un xogador americano de baloncesto profesional.

Arnett Moultrie
Axente libre
Posición Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 18 de novembro de 1990 (33 anos)
Queens, Nova York
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 111 kg (245 lb)
Información da carreira
Instituto Raleigh Egypt
(Memphis, Tennessee)
Universidade UTEP (2008–2010)
Mississippi State (2011–2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 1 / Elección: 27
Por Miami Heat
Carreira dende 2012
Historial de equipos
Philadelphia 76ers (2012–2014)
Sioux Falls Skyforce (2012–2013)
Delaware 87ers (2014)
Jiangsu Dragons (2014–2015)
Al-Riyadi Beirut (2015–2016)
Atenienses de Manatí (2016)
Ankara DSİ (2016–2017)
Defensor Sporting (2017)
Incheon Electroland Elephants (2017)
Mahram Tehran (2017–2018)
NLEX Road Warriors (2018)
Kalev/Cramo (2018–2019)
Parma (2019)

Instituto editar

Na tempada coma júnior no Raleigh-Egypt High School, Moultrie fixo 15 puntos, 8 rebotes e 2 tapóns por partido. Na súa tempada sénior, acadou 15 puntos, 8 rebotes e 4 tapóns por encontro.[1]

Traxectoria universitaria editar

Freshman editar

Na súa primeira tempada en UTEP, Moultrie fixo 8.8 puntos e 8.2 rebotes por partido, e foi incluído no All-Freshman Team da conferencia USA. No College Basketball Invitational, Moultrie aumentou os seus números ata 13.2 puntos e 8.7 rebotes por partido, pero non puido evitar a derrota de UTEP na rolda final contra Oregon State.[1]

Sophomore editar

Na súa tempada sophomore en UTEP, acadou 9.8 puntos e 6.7 rebotes por partido. No Torneo Conference-USA, fixo 12.0 puntos por encontro e gañouse un posto no mellor quinteto do torneo.[1]

Júnior editar

Moultrie foi forzado a non xogar durante unha tempada tras trasladarse á Universidade de Mississippi State. Na súa primeira tempada xogando para Mississippi State, Moultrie acadou 16.4 puntos e 10.5 rebotes por partido.[2] Foi ademais incluído no equipo All-SEC.[3] O 28 de marzo de 2012, Moultrie decidiu declararse elixible para o Draft da NBA de 2012.[4]

Traxectoria profesional editar

Moultrie foi elixido na 27ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Miami Heat. Despois foi traspasado ós Philadelphia 76ers a cambio de Justin Hamilton e unha futura elección de primeira rolda do Draft.[5]

O 27 de outubro de 2014, foi traspasado ós New York Knicks a cambio de Travis Outlaw e unha futura elección do Draft. Tras a súa adquisición, Moultrie foi cortado polos Knicks.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Arnett Moultrie Profile". Mississippi State University Bulldogs Official Athletics site. Consultado o 22 de xuño de 2012. 
  2. "Arnett Moultrie Profile". espn.go.com. Consultado o 22 June 2012. 
  3. "2012 SEC Men's Basketball Awards Announced". Consultado o 22 June 2012. 
  4. Marcello, Brandon. "Moultrie to declare for NBA Draft, end career at MSU". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2012. Consultado o 22 de xuño de 2012. 
  5. "Sixers get Arnett Moultrie from Heat". nba.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2012. Consultado o 6 de xullo de 2012. 
  6. Knicks Complete Trade with Philadelphia

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar