Armstrong Whitworth Whitley

O Armstrong Whitworth Whitley foi un bombardeiro pesado nocturno británico usado durante a segunda guerra mundial. Deseñado a mediados dos anos 30 para cumprir a especificación B.3/34 do Ministerio do Aire, voou por primeira vez en marzo de 1936 e era un dos principais avións do Mando de Bombardeo da RAF en 1939. Recibiu o nome de Whitley polo suburbio de Coventry onde estaba unha das plantas de Armstrong Whitworth, e foi retirado en abril de 1942.

Armstrong Whitworth Whitley
Whitley
Tipobombardeiro pesado e nocturno
FabricanteArmstrong Whitworth Aircraft
Deseñado porJohn Lloyd
Primeiro voo17 de marzo de 1936
Introducido1937
Retirado1945
Principais usuariosRoyal Air Force
Unidades construídas1 814

Era un dos tres modelos de bombardeiros medios bimotores en servizo na RAF ao inicio da segunda guerra mundial (os outros eran o Vickers Wellington e o Handley Page Hampden). Entrou formalmente en servizo coa RAF en 1937, sendo o primeiro dos tres en facelo. Formou parte do primeiro bombardeo británico sobre territorio alemán, e estivo en primeira liña ata a introdución dos bombardeiros pesados catrimotores.[1] Tamén fixo labores de recoñecemento marítimo co Mando Consteiro e foi empregado en roles secundarios como remolcador de planeadores, avión de adestramento e transporte. O modelo tamén foi usado por British Overseas Airways Corporation como avión civil de transporte.

Deseño editar

O Armstrong Whitworth Whitley era un bombardeiro pesado bimotor, inicialmente equipado con dous motores radiais Armstrong Siddeley Tiger IX de 795 cabalos de potencia (593 kW).[2] Modelos máis avanzados do Tiger equiparon a variantes posteriores do Whitley. A partir da variante Whitley Mk IV, os Tiger foron substituídos por un par de motores V12 Rolls-Royce Merlin IV de 1 030 cabalos (770 kW).[3] Segundo o autor Philip Moyes, a adopción do motor Merlin deulle ao Whitley un considerable impulso no seu rendemento.[4]

 
Instalación dunha metralladora Browning nun Whitley

O Whitley tiña unha tripulación de cinco: piloto, copiloto/navegante, apuntador de bombas, operador de radio e artilleiro traseiro. O piloto e copiloto sentábanse un ao lado do outro na cabina de mando, co operador de radio detrá deles. O navegador tiña un asento montado sobre raís e podía pivotar, deslizarse cara a atrás e rotar cara a esquerda para usar a mesa de cartas detrás el despois da engalaxe.[5] A posición do apuntador de bombas estaba no morro cunha torreta situada xusto enriba. A fuselaxe de popa do operador de radio estaba dividida horizontalmente pola baía de bombas; detrás dela atopábase a entrada principal e detrás a trorreta traseira.[5] As bombas estaban almacenada en dous compartimentos aloxados dentro da fuselaxe, xunto con outras 14 celas máis pequenas na á. Outras fontes din que eran 16 "celas", dous grupos de dous na fuselaxe e catro grupos de tres nas ás, ademais de dúas máis pequenas para bengalas na fuselaxe traseira.[5] Soportes capaces de levar bombas máis grandes instaláronse na variante Whitley Mk III.[6]

Os primeiros exemplares tiñan unha torreta no morro e unha torreta traseira, ámbalas dúas operadas manualmente e cunha metralladora Vickers 0.303 cada unha. No Whitley Mk III este arranxo revisouse substancialmente: instalouse nunha nova posición ventral retráctil con dúas metralladoras Browning de 7,7 mm e tamén se actualizou a torreta de morro por unha torreta Nash & Thompson accionada electricamente.[6] No Whitley Mk IV, as torretas ventral e de cola substituíronse por unha torreta Nash & Thompson con catro metralladoras Browning; tras a adopción deste arranxo de torreta, o Whitley converteuse no bombardeiro máis poderosamente armado do mundo contra os ataques dende atrás.[4]

A fuselaxe estaba formada por tres seccións, remachando os cadros principais coa pel e os tramos intermedios remachados nas bridas interiores dos largueiros lonxitudinais.[7] Fíxose un uso extensivo de láminas de Alclad. O combustible levábase en tres tanques, un par deles con 830 litros no bordo de ataque da parte exterior das ás, e outro de 700 l no teito da fuselaxe, sobre a sección central do largueiro. Ademais podían instalarse dous tanques auxiliares no compartimento de bombas da parte frontal da fuselaxe. Os bordos de ataque internos contiñan os tanques de aceite, que se duplicaban como refrixeradores de aceite radiantes. Para facilitar a produción, fíxose un esforzo deliberado para reducir o reconto de compoñentes e estandarizar pezas.[7] A fuselaxe demostrou ser o suficientemente robusta como para soportar danos graves.[8]

O Whitley tiña unha gran á de forma rectangular, e a súa aparencia fíxolle gañar o alcume de the flying barn door (a porta do alpendre voadora). Ao igusl que a fuselaxe, as ás estaban formadas por tres seccións, construíndose ao redor dun gran largueiro de caixa.

Notas editar

  1. Crosby 2007, pp. 48-49
  2. Moyes 1967, pp. 4-5
  3. Moyes 1967, pp. 5-6.
  4. 4,0 4,1 Moyes 1967, p. 6.
  5. 5,0 5,1 5,2 Flight, 21 de outubro de 1937, p. 402
  6. 6,0 6,1 Moyes 1967, p. 5
  7. 7,0 7,1 Moyes 1967, p. 3
  8. Moyes 1967, p. 4

Bibliografía editar