Arminio ou Hermann nado no ano 17 a.C. e finado o ano 21 d.C. foi un caudillo querusco, xermano de nacemento pero cidadán romano. En setembro do ano 9 destruíu o exército romano de Publio Quintilio Varo na batalla da fraga de Teutoburgo.

Infotaula de personaArminio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(mis) Herman Editar o valor em Wikidata
c. 17 a. C. Editar o valor em Wikidata
Río Weser Editar o valor em Wikidata
Mortec. 21 Editar o valor em Wikidata (36/37 anos)
Xermania Magna Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Xefe tribal
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónwar chief (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército romano Editar o valor em Wikidata
Rango militarpraefectus cohortis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoBatalla da fraga de Teutoburgo, Grande Revolta da Ilíria (pt) Traducir e Battle of the Weser River (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeTusnelda (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosThumelicus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiSegimerus Editar o valor em Wikidata
IrmánsFlavus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Armin-Arminius-Hermann editar

Arminio (Arminius) é unha variante latinizada do nome xermano Armin. Moi posteriormente o nome Hermann ('home de guerra' ou guerreiro) foi considerado unha tradución do latín Arminius, probablemente polo reformador relixioso Martiño Lutero, quen quería usalo como un símbolo da loita dos alemáns contra a poderosa Roma.

Traxectoria editar

Naceu en 16 ou 17 a.C. Era fillo dun xefe querusco chamado Seximero (en alemán Segimer). Entregado como refén aos romanos, foi adestrado no exército romano e logrou a cidadanía e nobreza romana ao acceder á orde ecuestre. Desde o ano 4 (con apenas 20 anos) comandou un destacamento de queruscos como forza auxiliar romana e probabelmente loitou nas guerras panonias na península balcánica.

Xefe querusco editar

Arminio volveu ao norte de Xermania no ano 7 ou 8. Inmediatamente empezou a formar un complot cos líderes doutras tribos da zona en contra dos romanos.

A expansión de Augusto en Xermania editar

Xa no ano -9 o emperador Augusto dera case conseguido ampliar o imperio ata o río Elba. Con todo, a asimilación non foi completa, pois os xermanos seguían aspirando á liberdade e ás proezas guerreiras.

Os xermanos editar

Ver artigo principal: pobos xermánicos.

Os xermanos eran, primordialmente, pastores nómades de carácter belicoso e indomabel. Tácito, na súa obra Germania, fai unha brillante descrición dos seus feros ollos azuis, cabeleira loura e da súa corpulencia. Os romanos odiaban esa terra "sombría polos bosques e fea e manchada polas lagoas", pero a influencia romana foise infiltrando e as escavacións mostran que houbo bastante comercio.

A batalla do bosque de Teutoburgo editar

Ver artigo principal: Batalla da fraga de Teutoburgo

Logo desta gran vitoria (no outono do 9), Arminio tratou durante varios anos de unir permanentemente as tribos xermanas para resistiren máis efectivamente os embates das lexións romanas. Pero non tivo éxito debido ás rivalidades entre os xefes tribais.

Tamén enfrontou aos romanos noutras batallas, xa que estes buscaban vingarse do masacre de Teutoburgo.

Ataques do xeneral romano Xermánico editar

No ano 13, Xulio César Xermánico invadiu a mesma área con 80.000 homes, enterrou os mortos das lexións de Varo e levou a cabo escaramuzas en toda a zona circundante.

Arminio resistiu con éxito unha serie de batallas, e estivo a piques de aniquilar outro exército romano comandado por Cecina; só a indisciplina do seu tío Inguiomer, quen atacou o campamento romano demasiado pronto, salvou a Cecina de sufrir o destino de Varo. Cecina abandonou o campamento e fuxiu coas súas tropas remanentes, mentres os guerreiros de Inguiomer saqueaban o campamento.

A esposa de Arminio editar

No ano 15, Xermánico outra vez atacou os asentamentos xermanos e capturou á esposa de Arminio Thusnelda, que foi entregada aos romanos polo seu propio pai Sexestes como un acto de vinganza contra Arminio. Sexestes prometeuna como esposa a outro home, pero Thusnelda escapou con Arminio e casou con el logo da vitoria da fraga de Teutoburgo. Sexestes e o seu clan eran clientes dos romanos e oporíanse á política liberadora de Arminio (o mesmo que fixo o irmán de Arminio, Flavo.

Arminio foi instado por Flavo a que colaborase cos invasores latinos, pero el negouse. E librouse unha gran batalla entre Arminio e os romanos en Idistaviso, probabelmente preto de Minen. Pero non puido recuperar á súa esposa.

Thusnelda foi levada a Roma, exhibida no desfile da vitoria de Xermánico en 18, nunca volveu ver a súa terra nin a súa familia, e desapareceu da historia. Tumélico, o fillo de Arminio que tivo en cativerio, foi adestrado como gladiador en Rávena e morreu antes dos 30 anos de idade nun encontro de gladiadores.

A última batalla editar

A última batalla importante entre Xermánico e Arminio con grandes perdas de ambas partes, tivo lugar en 16 en Idistaviso (Angrivarierwall) preto do río Weser. Os romanos evitaron outra devastadora derrota só porque outra vez Inguiomer foi incapaz de seguir o plan de batalla. Pero de todos os xeitos esta batalla marcou o fin dos onerosos intentos romanos de subxugar o norte de Alemaña.

Xermánico proclamou que a vitoria era súa, aínda que as súas lexións e as tropas auxiliares tiveron que se retirar. Os xermanos de ningún xeito quedaron sometidos. Tácito tiña razón ao chamar a Arminio "o home que liberou Xermania". Grazas á súa extraordinaria habilidade e á súa valentía, os romanos quedaron excluídos para sempre da Xermania alén do Rin.

Alianza rota editar

Unha vez que Roma se retirou detrás do Rin, unha guerra rompeu a alianza entre Arminio e Marbod, o rei dos marcomanos (marcomanni) na moderna Bohemia, o outro líder importante da época. Repetidamente Arminio tratara de formar unha alianza sólida contra os romanos (mesmo lle enviou a cabeza de Varo logo da vitoria de Teutoburgo), pero Marbod non quería actuar como un soporte de Arminio.

Morte a traizón editar

A guerra terminou coa retirada de Marbod, aínda que Arminio non o perseguiu, xa que estaba enfrontando serias dificultades coa familia da súa esposa e outros líderes prorromanos. No ano 21, á idade de 37 anos, foi asasinado a traizón por membros da súa familia política.

Legado editar

Arminio non quedou só na historia da loita contra os romanos. O século XIX foi testemuña da resurrección de moitos antigos líderes guerreiros que foron usados como símbolos polos nacionalistas: os franceses explotaron a Vercinxetórix, os belgas a Ambiórix, os holandeses a Xulio Civil (Iulius Civilis) e os británicos a Boudicca. A diferenza é que todos eles foron derrotados polos romanos, en cambio Arminio é o único que os venceu.

O poeta alemán F. G. Klopstock escribiu unha triloxía de obras acerca de Arminio.

Tácito, quen é a fonte máis exacta acerca de Arminio, glorificouno como un nobre bárbaro.

O mito cobrou novos contornos durante o nazismo pero, despois de 1946, historiadores como Peter Kehne demostraron que o “heroe” non tiña a ambición de unificar Xermania como un Estado ou país, senón de satisfacer a súa propia sede de poder.[1]

Na cultura popular editar

Barbaren é unha serie de televisión alemá de 2020 que conta unha historia ficticia ambientada nos acontecementos da batalla da fraga de Teutoburgo, unha época na que o Imperio Romano ocupou Xermania, e como resultado as tribos xermánicas rebeláronse lideradas por Arminio.[2][3] O mito de Arminio non fora retomado desde a derrota nazi no 1945. A serie foi renovada para unha segunda tempada, estreada en 2022.[4][5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar