Armes Prydein

(Redirección desde «Armes Prydein Fawr»)

Armes Prydein (A profecía de Bretaña) é o nome dun poema profético galés de inicios do século X que aparece no Libro de Taliesin.

Facsimile do Libro de Taliesin.

Nun estilo entusiasta característico da poesía heroica galesa describe un futuro onde todos os pobos britónicos eran aliados xunto cos escotos, os irlandeses e os viquingos do Reino de Dublín so liderado galés, e no que todos xuntos daría expulsado os anglosaxóns de Gran Bretaña para sempre.[1][2][3] Os xefes de tales empresas eran sempre nomes coñecidos na poesía heroica, e neste caso dicían que eran Cadwallon e Cadwaladr, invitando implicitamente á audiencia a conectalos con dous famosos líderes do pasado remoto, Cadwallon ap Cadfan e Cadwaladr ap Cadwallon. A inclusión dos viquingos, non celtas, e dos escotos e irlandeses, non britónicos, como aliados nun poema tradicional galés é unha singularidade digna de mención.

Describen este poema normalmente como unha expresión da frustración galesa coas políticas pragmáticas e pacíficas de Hywel Dda cara ao daquela en ascenso reino de Wessex. Edward de Wessex (reinou de 899 a 924) acadara unha recoñecida preeminencia sobre case todos os pobos situados ao sur dos Firths de Clyde e Forth, incluíndo gaélicos, viquingos, ingleses, córnicos, galeses e cumbrios. Tras a súa morte e a ascensión ao trono do seu fillo Æthelstan (reinou desde 924 ata 939), xurdiu unha alianza entre os reinos de Dublín, Escocia e Strathclyde contra el e venceunos na batalla de Brunanburh en 937. Lonxe de asistir aos seus irmáns, os 'Homes do Norte', e marchar contra os ingleses, os galeses de Hywel Dda mantivéranse á marxe, sen axudaren os seus tradicionais compatriotas (os homes de Strathclyde) nin enfrontárense aos seus tradicionais inimigos (os saxóns de Wessex).

O Armes Prydein é tamén significativo en canto que aporta unha das primeiras mencións do profeta Myrddin Wyllt, que foi a base do personaxe de Merlín na lenda artúrica.

Edición e tradución ao inglés editar

  • Sir Ifor Williams (ed.), Armes Prydein. The Prophecy of Britain. 2nd ed. Dublin: DIAS, 1982 (1972). Traducida por Rachel Bromwich da edición galesa de 1955.

Notas editar

  1. Skene:1868a. pp. 436-442}}, The Omen of Prydein, en inglés (indícase que é unha tradución imperfecta)
  2. Skene:1868b. pp. 123-129, Armes Prydein, en galés
  3. Koch: 2005. pp. 85, Armes Prydein

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar