Armeria

xénero de plantas

Herbas de namorar (xénero Armeria)

Ilustración por Sturm (1796) de Armeria elongata
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Caryophyllales
Familia: Plumbaginaceae
Xénero: Armeria
Willd.
Especies

véxase no texto

Armeria é o nome botánico dun xénero de plantas con flores, coñecidas comunmente en galego coma herbas de namorar. O xénero conta con centos de especies, moitas delas nativas do Mediterráneo, agás a Armeria maritima, que aparece distribuída ao longo das costas do Hemisferio Norte. Son comúns na beiramar galega.

Son un conxunto de plantas moi semllantes entre si que se caracterizan por medraren en cantís costeiros venteados, zonas de dunas ou en zonas de montaña.

Descrición editar

Son plantas perennes, cunhas fortes raiceiras das que xordes moutas de até 50 cm de diámetro. As follas son simples, ás veces algo aveludadas, de forma lineal lanceolada. As flores aparecen ao final dun talo longo en grupiños que forman glomérulos. De cada mouta crecen varios talos con flores, polo que o aspecto da planta en floración chama a atención. Cada flor acostuma presentar un cáliz verde e unha corola de tons entre branco a rosa forte. Florean entre marzo e xullo, habendo variacións entre especies.

Especies en Galiza editar

En Galiza atopamos principalmente catro especies:

Algunhas especies e subespecies editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar