Armando López Losada

carpinteiro e político galego

Armando López Losada, nado no Saviñao cara a 1911, foi un carpinteiro e político galego.

Infotaula de personaArmando López Losada
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor em Wikidata (112/113 anos)
Escairón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncarpinteiro , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Carpinteiro, membro da sociedade Trabajadores de la Tierra afecta á UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu fuxido, sendo declarado en rebeldía en 1938. Entregouse o 11 de marzo de 1940 xunto con Ramón Pérez Vispo e Antonio Losada Ferreiro. Ingresou en prisión o 11 de marzo e foi xulgado por auxilio á rebelión e condenado a 12 anos de prisión. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Lugo ata que lle concederon a prisión atenuada o 10 de outubro de 1941.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Armando López Losada na páxina web Nomes e Voces.