Arkaitz Goikoetxea
Arkaitz Goikoetxea Basabe, nado en Barakaldo o 4 de maio de 1980, é un terrorista do País Vasco, membro da organización ETA.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de maio de 1980 (43 anos) Barakaldo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Procedente da kale borroka empezou a actuar no 2000, cando perdeu tres dedos dunha man manipulando un cóctel molotov. Tras varias detencións por accións de apoio a ETA, foi acusado de atacar o 5 de xullo de 2001 a dous ertzainas con cócteles molotov. O 24 de outubro de 2002, foi detido e permaneceu en prisión até 2005. Foi declarado en busca e captura ese mesmo ano ó non presentarse a un xuízo que tiña pendente. A partir dese momento consideróuselle un membro liberado de ETA.
Foi detido, xunto ó resto do Comando Biscaia, o 22 de xullo de 2008. Atribúeselle a dirección do comando baixo as ordes do xefe dos mesmos, Txeroki. Impútanselle os delitos de integración en organización terrorista, de asasinato pola morte dun axente da Garda Civil o 14 de maio de 2008 en Legutio, conspiración para a detención ilegal, estragos e conspiración para o asasinato do xuíz da Audiencia Nacional, Fernando Grande-Marlaska.[1][2][3][4][5]
Notas editar
- ↑ Garzón envía a prisión a sete dos detidos do 'Comando Biscaia'
- ↑ "Goikoetxea reconoce ante Garzón que pertenece al 'comando Vizcaya' y que recibe órdenes de 'Txeroki'". elperiodico (en castelán). 2008-07-26. Consultado o 2022-04-05.
- ↑ Identifican a Arkaitz Goikoetxea como un dos etarras que atentou en Durango
- ↑ A policía identifica a 15 etarras como autores da última ofensiva
- ↑ "Comunicado do Ministerio do Interior". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2010. Consultado o 24 de novembro de 2016.
A Galipedia ten un portal sobre: País Vasco |