Aristipo de Cirene


Arístipo, nado en Cirene no 435 a. C. e finado no 350 a. C., foi un filósofo grego, fundador da escola cirenaica que identificaba o ben co pracer.

Infotaula de personaAristipo de Cirene

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(el) Ἀρίστιππος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 435 a. C. Editar o valor em Wikidata
Cirene Editar o valor em Wikidata
Morte355 a. C. Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Cirene Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo Editar o valor em Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor em Wikidata
MovementoCirenaicos Editar o valor em Wikidata
ProfesoresSócrates Editar o valor em Wikidata
AlumnosAreta de Cirene (pt) Traducir e Antípatro de Cirene (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAreta de Cirene (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Atraído pola fama de Sócrates, foino buscar e fíxose discípulo seu. Morto este, volveu á súa patria, onde nos últimos anos da súa vida ensinou filosofía para sobrevivir. Foi o fundador da escola cirenaica, propugnadora do hedonismo.

Filosofía editar

As súas ideas, algo semellantes no punto de partida coas socráticas, diverxen delas notablemente no fondo. Partindo do dito de Protágoras de que "o home é a medida de todas as cousas", empezou por desprezar a dialéctica e dar importancia só á ciencia positiva. Defendeu o nominalismo e o sensismo, ao igual que Antístenes, pero diferenciándose radicalmente del pola súa ética. A felicidade para Aristipo consiste no pracer; a maior pracer, maior felicidade; e, como o pracer máis intenso é o sensible, este é o que hai que perseguir. Dentro do pracer sensible só interesa o pracer presente (parón páthos), sen que teñamos que preocuparnos polo futuro, xa que este é incerto. A frónese, a prudencia, é a que guía na procura do pracer, para saber elixir o máis axeitado; pero o home non debe ser dominado polo pracer, senón dominalo (no que hai unha certa temperación do hedonismo) (Dióxenes Laercio, XI,65104).

Desexa que o home sexa sempre superior aos seus instintos básicos e así o seu pracer combínase cunha relativa liberdade de espírito. Tal superioridade prodúcea a cultura da intelixencia. Nese punto aproximábase a Sócrates, que consideraba tamén a ciencia como condición indispensable para a humana felicidade. Pero Arístipo reducía toda a ciencia e as súas vantaxes ao dominio do sentimento individual. A virtude, polo tanto, non era para el máis que a moderación na fruición, pero moderación interesada, para que non se esgote a fonte do pracer.

Coa intelixencia cultivada distinguía os praceres sensuais dos intelectuais, os puros dos que levan mestura, os egoístas dos desinteresados.

Arístipo é o primeiro filósofo da serie dos hedonistas, cuxa escola proseguen en certo modo Epicuro, Hobbes, Locke, Hume, Bentham, Stuart Milll e Spencer.

Obras editar

Segundo Dióxenes Laercio, escribiu multitude de obras, moitas de carácter frívolo e alleas ao campo da filosofía. Ningunha delas subsiste. Consérvanse catro Cartas apócrifas baixo o seu nome.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Watson, Hedonistic theories from Aristippus to Spencer (Glasgow, 1895)
  • Mentzii, Aristippus philisophus socraticus (Halle, 1719)
  • Wieland, Aristipo (Leipzig, 1800)
  • Kunhardt, De aristippi philosophi morali (Helmst, 1796)

Ligazóns externas editar