Cindy Renee Volk, coñecida como Aria Giovanni, nada en Long Beach (California) o 3 de novembro de 1977, é unha modelo erótica estadounidense.

Infotaula de personaAria Giovanni

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Cindy Renée Volk Editar o valor em Wikidata
3 de novembro de 1977 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónDavis University of California (pt) Traducir - Viticultura (–2018)
Universidade da Califórnia em San Diego (pt) Traducir - Bioquímica Editar o valor em Wikidata
Altura168 cm Editar o valor em Wikidata
Peso135 lb Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor em Wikidata
Cor do peloPelo negro e cabelo castaño Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de televisión , entomóloga , actriz de cinema , modelo erótica , actriz porno Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJohn 5 (2002–2006) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webariagiovanni.com →  Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1020082 Allocine: 512458 Rottentomatoes: celebrity/aria_giovanni TV.com: people/aria-giovanni
Facebook: Cindy-Renee-Preto-446114692814014 Twitter: ariagiovanni_xx MySpace: ariagiovanni Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Creceu na cidade dos Ánxeles e estudou nunha preparatoria do condado de Orange. O seu pai era italo-iugoslavo e a súa nai era franco-xermana-irlandesa-india. Sobre os seus primeiros anos de vida, Aria conta que era bastante tímida, tendo un só amigo durante a secundaria, aínda que lle ía moi ben nas clases. Concordando coa súa páxina web, foille tan ben que puido graduarse de secundaria á idade de 16 anos e entrar na universidade.

Cursou os seus primeiros anos da universidade na carreira de Bioloxía. Adicionalmente aos seus estudos, recibiu clases particulares de matemáticas e traballou como camareira para pagar os seus gastos. Foi durante esta época que decidiu entrar ao mundo da moda. Empezou a responder anuncios de xornal a finais de 1998 e pronto empezou a aparecer en varias páxinas web porno de afeccionados tales como BubbleGirls, Amateur Pink, Busty Amateurs e Seductive Amateurs.

Foi en Busty Amateurs onde comezou a ser coñecida, co nome de Kennedy, xunto a modelos famosas da época tales como Dazzie Kellog e Alissa Perry.

No 2000, Aimee Sweet presentou a Giovanni coa fotógrafa Suze Randall, quen en maio dese ano tomou unhas fotografías de Giovanni que apareceron na revista Penthouse, sendo en setembro dese ano a «Penthouse Pet» do mes na revista. Ao mesmo tempo, apareceu no sitio Web Bomis, pousando sen roupa para un concurso de Ferrari.

Durante a mesma época das sesións de fotos para Penthouse, foi transferida á Universidade de California en San Diego, para obter o título en Bioquímica e unha diplomatura en Escritura Inglesa. Con todo, decidiu deixar os estudos xa que sentía que non lle deixarían tempo para a modelaxe: «Sabía que podía sempre regresar aos estudos, pero probablemente non podería regresar á modelaxe».

Un importante éxito na súa vida artística foi cando ao pousar para a revista Penthouse foi contactada polo produtor de películas softcore Andrew Blake, con quen protagonizou inicialmente Blondes and Brunettes no ano 1999, logo a súa película ARIA no 2000 e en Justine como co-protagonista de Aimee Stuart no 2001. Foi no 2004 cando produciu a súa primeira película, Meridians of Passion, que foi acollida con grande entusiasmo pola comunidade de admiradores da «Deusa» máis que polo mercado internacional.

Apareceu en varias películas de tipo softcore. Con todo, as súas escenas son case sempre de tipo lésbico, onde o contacto sexual foi de forma implícita. Existe un vídeo de Bubble Girls gravado en setembro de 1998 no que se ve experimentando praceres co seu corpo (masturbación coas súas mans, introdución de toda a man e de obxectos diversos na súa vaxina e unha escena onde se dá pracer ao seu corpo mentres urina), ao que en numerosas entrevistas afirmou:

"foi un erro, todos nos equivocamos e considero que ese vídeo non axudou a obter o lugar actual que ten a miña carreira, non me arrepinto, xa que debemos aprender dos nosos erros, pero si considero foi un erro".

Malia recibir innumerables ofertas para o seu paso ao hard, tan só realizou algúns traballos soft, lésbicos e sós da man de Andrew Blake. No 2001 actuou con Monica Snatch na película «Survivors Exposed», unha parodia da serie de televisión «Survivor». Tamén apareceu no show de citas de TV «Shipmates» (episodio do 16 de novembro do 2001).

Giovanni apareceu tamén en bondage, fotografía de fetichismo e artística. Gañou particular respecto por pertencer ás poucas modelos de grandes peitos que traballan no campo sen someterse a cirurxía estética.

Actualmente está divorciada, logo de estar casada uns anos co guitarrista de rock John Lowery, mellor coñecido como John 5, ex-guitarrista da banda de Marilyn Manson e actualmente guitarrista da banda de Rob Zombie.

No 2008 participou no primeiro episodio do proxecto PG Porn creado por James Gunn e definido, polo mesmo, como porno 'para a xente que lle gusta todo do porno, excepto o sexo'.

Filmografía editar

 
Aria Giovanni.
  • Aria Giovanni Digital Desires (2000)
  • Aria (2001)
  • Blond and Brunettes (2001)
  • Girlfriends (2001)
  • 13 Erotic Ghosts (2002)
  • Adriana Studio (2002)
  • Thrill Seekers (2002)
  • Aria Giovanni (2002)
  • Justine (2002)
  • Naked (2003)
  • Meridians Of Passion (2004)
  • Virtual Lap Dancers (2005)
  • - PG Porn - 1st episode Nailing Your Wife (2008)