Nalgunhas ocasións Ares, deus grego da guerra, é chamado Enyalius ou Ares Enyalius, mentres que noutras Ares Enyalius é considerado o deus da guerra dos espartanos.

Homero refírese a el na súa Ilíada nove veces, en catro das cales é presentado coma Meriones, un dos líderes de Creta durante a Guerra de Troia.

O poeta Alcmán refírese a el coma fillo de Ares e Enio algunhas veces e coma fillo de Cronos e Rea outras.

Segundo o xeógrafo grego Pausanias, os habitantes de Lacedemonia crían que encadeando a súa imaxe impedirían que abandonase a Esparta. Tamén menciona que en Esparta se sacrificaban cadeliños na súa honra.

O historiador grego Polibio comparou o deus romano Marte co deus grego Ares e o deus romano Quirino con Enyalius.