Ares Defense Systems

A Ares Defense Systems é unha empresa estadounidense fabricante de armas. Está localizada na US Government’s Radford Army Ammunition Plant (Planta de Munición Militar de Radford do Goberno dos Estados Unidos) en Radford, Virxinia. Posúe os seguintes Federal Firearms Licenses (Permisos Federais de Armas de Fogo):

  • Type 07: Manufacturer of firearm other than destructive devices (Fabricante de Armas de Fogo Excepto Dispositivos Destrutivos)
  • Type 08: Importer of firearm other than destructive devices (Importador de Armas de Fogo Excepto Dispositivos Destrutivos)
  • Type 10: Manufacturer of destructive devices (Fabricante de Dispositivos Destrutivos)

O seu produto máis coñecido é a Shrike 5.56 que subministra ó exército e ás forzas de seguridade dos Estados Unidos.