Arenicolidae

Deposicións de area causadas por un Arenicola marina enterrado.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Annelida
Clase: Polychaeta
Subclase: Scolecida
Orde: Capitellida
Familia: Arenicolidae
Johnston, 1835
Xéneros
Ver texto
[1]

Os arenicólidos (Arenicolidae) son unha familia de vermes anélidos mariños poliquetos. O máis coñecido deles é Arenicola marina, que é a miñoca de mar que se usa como isco para pescar, pero outras especies da familia son similares e pódeselles chamar tamén miñocas (ademais miñoca utilízase para designar as miñocas terrestres como Lumbricus terrestris e outras). As deposicións enroscadas de area que producen poden verse comunmente na praia en marea baixa. Os arenicólidos atópanse por todo o mundo, e a maioría viven en substratos areosos dentro de galerías que escavan. A maioría aliméntanse dos sedimentos, aproveitando os detritos e microorganismos que conteñen, pero algúns comen algas.[2]

Descrición editar

Os arenicólidos caracterízanse polo seu corpo longo cilíndrico dividido en tres rexións. O prostomio non ten apéndices. Hai un ou dous segmentos anteriores sen sedas. As partes dorsais dos parápodos (os notópodos) están truncadas abruptamente e as partes ventrais (neurópodos) son toros alongados que forman marcas transversais nalgúns casos. As notosedas teñen unha función capilar ou actúan como membros, e as neurosedas son ganchos rostrados. Presentan branquias nalgúns dos parápodos nas rexións media ou posterior.[3]

Agás o xénero Branchiomaldane, as miñocas mariñas desta familia non son fáciles de confundir con outros poliquetos. A súa rexa cutícula e a súa rexión branquial típica con penachos de branquias son característicos.

Xéneros editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 World Register of Marine Species
  2. Fauchald, K. 1977. The polychaete worms, definitions and keys to the orders, families and genera. Natural History Museum of Los Angeles County: Los Angeles, CA (USA) Science Series 28:1-188
  3. The Polychaete Worms

Véxase tamén editar

Outros artigos editar