Arco de Triunfo de Barcelona

Coordenadas: 41°23′28″N 2°10′50″L / 41.391111, 2.180556

O Arco de Triunfo de Barcelona (en catalán: Arc de Triomf) é un monumento desa cidade que se ergue na confluencia do paseo de Lluís Companys e o paseo de Sant Joan. Foi construído con motivo da Exposición Universal de 1888 e era a portada de acceso ao recinto feiral. É obra do arquitecto Josep Vilaseca i Casanovas.

O Arco de Triunfo visto desde o paseo de Lluís Companys
Foto do arco logo da Exposición Universal de 1888

Características editar

Trátase dunha construción vermelliza de ladrillo vista de estilo neomudéxar, moi de moda na época. Destacan os seus relevos escultóricos da parte superior: o friso da fachada principal, a que dá ao paseo de Sant Joan, contén a escultura "Barcelona rep les nacions" (Barcelona reciba as nacións) de Josep Reynés; o da fachada posterior representa a "Recompensa", e é unha obra primeiriza de Josep Llimona, que figura o libramento de galardóns aos participantes da Exposición. Os frisos laterais inclúen alegorías da Agricultura e a Industria, obra de Antoni Vilanova, e mais do Comercio e a Arte, de Torquat Tassó.

A decoración complétase cunha serie de esculturas, como o escudo de España na cimeira e mais os escudos das diversas provincias españolas arredor do arco en cadansúa das fachadas.

Detalles dos relevos editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar