Arciprestado de Monelos

O arciprestado de Monelos é un arciprestado da arquidiocese de Santiago de Compostela. Pertence á vigairía da Coruña e abrangue 12 parroquias do concello da Coruña.[1] Foi creado en 1979 a partir do antigo arciprestado de Faro.[2] Recibe o nome polo barrio homónimo da cidade.

División eclesiástica de Galicia en 2008.

Parroquias editar

As 12 parroquias do arciprestado son Santa María de Oza, San Cristovo das Viñas, San Vicenzo de Elviña, Nosa Señora do Carme (creada en 1954),[3] Santa Tareixa de Xesús (creada en 1964),[4] San Fernando (creada en 1966),[5] Nosa Señora de Fátima (creada en 1966),[6] Santa Xema (creada en 1977),[7] A Resurrección do Señor (creada en 1977)[8], San Xoán Bautista (1977),[3] A Milagrosa (creada en 1981)[9] e Santos Anxos (creada en 1982).[10]

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar