Archidoris pseudoargus
Archidoris pseudoargus Hoxe: Doris pseudoargus | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Archidoris pseudoargus, hoxe clasificada como Doris pseudoargus,[1] é unha especie de molusco opistobranquio da orde dos nudibranquios, suborde dos doridinios, infraorde dos doridoideos, superfamilia dos Doridoidea e familia dos dorídidos, unha das integradas hoxe no xénero Doris.[2]
Taxonomía editar
Descrición editar
A especie foi descrita en 1827 polo médico e naturalista de Württemberg Wilhelm Ludwig Rapp no seu traballo:[3]
- Rapp, W. L. (1827): "Ueber das Molluskengeschlecht Doris und Beschreibung einiger neue Arten derselben". Nova Acta Academiae Caesareae Leopoldino-Carolinae Naturae Curiosorum 13 (2): 513-522.
Sinónimos editar
Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]
- Archidoris pseudoargus (Rapp, 1827)
- Archidoris tuberculata (Müller, 1778) sensu Cuvier, 1804
- Doris areolata Stuwitz, 1836
- Doris brittanica G. Johnston, 1838
- Doris flavipes Leuckart, 1828
- Doris leuckarti Delle Chiaje, 1841
- Doris leuckartii Delle Chiaje, 1841
- Doris mera Alder & Hancock, 1844
- Doris schembrii Vérany, 1846
- Doris tuberculata Cuvier, 1804
Distribución editar
Esta especie foi descrita a partir dun espécime recollido en Le Havre, Sena Marítimo, Francia. Un neotipo foi descrito en 2002 baseándose nun exemplar de Locmariaquer, na costa atlántica de Francia.[4] Encóntrase na costa europea, desde Noruega até España, e no mar Mediterráneo desede a xona intermareal até os 300 m de profundidade.[5]
Características editar
Doris pseudoargus pode alcanzar os 120 mm de lonxitude. Seu corpo é ovalado e algo consistente ao tacto, de xeito semellante ao de Doris verrucosa, aínda que ten os tubérculos pouco diferenciados e máis pequenos, polo que a súa aparencia é de que é liso. O manto presenta unha gran variedade de coloracións; pódemnse encontrar espécimes de cor amarela, rosa, castaña, verde e abrancazada, ás veces salferido de pequenas manchas amarelas, verdes, pardas e vermellas. Os seus rinóforos son curtos e de forma cónica.[5][6][7]
Bioloxía editar
Aliméntase principalmente da esponxa Halichondria panicea.[5]
En Galicia editar
En Galicia encóntrase en todo o litoral, aínda que é pouco común, e vese sobre as eponxas das que se alimenta.[7]
Notas editar
- ↑ Archidoris pseudoargus (Rapp, 1827) no WoRMS. Consultada o 13 de abril de 2022.
- ↑ Doris Linnaeus, 1758 no WoRMS. Consultada o 13 de abril de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Doris pseudoargus Rapp, 1827 no WoRMS. Consultada o 13 de abril de 2022.
- ↑ Valdés Á. (2002): "A phylogenetic analysis and systematic revision of the cryptobranch dorids (Mollusca, Nudibranchia, Anthobranchia)". Zoological Journal of the Linnean Society. 136: 535-636.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Hayward, Peter J.; Ryland, John S. (2017). Oxford University Press, ed. Handbook of the Marine Fauna of Noroeste de Europa (2nd ed.). Oxford, Reino Unido. pp. 530–531. ISBN 978-0-1995-4944-3.
- ↑ Rudman, W. B. (2001): Archidoris pseudoargus (Rapp, 1827). Sea Slug Forum. Sidney: Australian Museum.
- ↑ 7,0 7,1 , Rolán & Otero-Schmitt 1996, p. 142.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Archidoris pseudoargus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Archidoris pseudoargus |
Bibliografía editar
- Rolán, E. & Otero-Schmitt, J. (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Galaxia. ISBN 95-8288-072-1.
- Thompson, T. E. & Brown, G. H. (1984): Biology of Opisthobranch Molluscs, Vol. 2. Londres, Reino Unido: Ray Society. ISBN 978-0-9038-7418-2.