Arcas (acrónimo de All-Purpose Rocket for Collecting Atmospheric Soundings) é o nome dun foguete sonda estadounidense que estivo en servizo entre 1959 e 1978.

Arcas
país de orixeEstados Unidos[1]
Tamaño
altura2,3 m
diámetro0,11 m
masa34 kg
Etapas1
Lanzamento históricos
EstadoRetirado
editar datos en Wikidata ]


Características editar

Arcas foi principalmente un foguete meteorolóxico cun apoxeo de ata 52 km. Podía ser cargado por dúas persoas nun tubo de lanzamento, que quedaba pechado de tal xeito que os gases da combustión producían un lanzamento cunha velocidade inicial de 240 km/h. O motor do foguete funcionaba durante 30 segundos antes de esgotar o propelente. Tras entre 75 e 100 segundos, un cronómetro expulsaba o cono do morro para extraer a carga útil, que baixaba en paracaídas e medía temperatura e presión. O seguimento por radar proporcionaba datos de altura e velocidade do vento. Cargas útiles máis avanzadas incluían esferas en caída libre para medi-lo arrastre mediante seguimento por radar, medicións do ozono e pequenos experimentos biolóxicos.[1]

O Arcas foi usado, entre outros países, en Noruega e Nova Zelandia durante o período entre 1965 e 1968.[2]

O Arcas deu lugar ao Super Arcas, unha versión mellorada.[1]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2011). "Arcas" (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2011. 
  2. William R. Corliss (1971). NASA SOUNDING ROCKETS, 1958-1968 - A Historical Summary. NASA.