Araucaria australiana

especie de planta

A araucaria australiana ou piñeiro bunia (Araucaria bidwillii), é unha árbore sempreverde conífera no xénero Araucaria, da familia Araucariaceae. É nativa do sueste de Queensland con dúas poboacións separadas no norte do trópico de Queensland, e moitos excelentes exemplares plantados en Nova Gales do Sur. Medra até 50 m de alto.

É o último sobrevivente da sección Bunya do xénero Araucaria. Esta sección era diversa e estendida durante o mesozoico con algunhas especies tendo unha morfoloxía do cono similar a A. bidwillii, que apareceu durante o xurásico. Fósiles da sección Bunya atopáronse en América do Sur e Europa.

É menos frecuente que outras araucarias coma ornamental, aínda que si o atopamos nalgúns xardíns de Galicia.

Distribución editar

A. bidwillii ten unha distribución limitada dentro de Australia e, parte da razón para os sitios restantes, foi a deseca de Australia coa perda do bosque chuvioso e a pobre dispersión da semente. Os locais remanentes das Montañas Bunya, a área de Jimna e o monte Lewis teñen diversidade xenética.

Ecoloxía editar

Aínda que no se teñen reportado axentes espalladores das sementes de A. bidwillii, sábese que varias especies de macrópodos e ratas son predadores das sementes e tubérculos. Rattus fuscipes almacena as sementes de bunia favorecendo a xerminación nas zonas altas dos cordais. Trichosurus spp ( or exemplo Trichosurus caninus) transporta tamén as sementes.. A. bidwillii ten unha semente de xerminación rara e criptoxeal, desenvolvendo un tubérculo do que despois sae unha raíz aérea. O desenvolvemento da semente dese xeito ocorre durante varios anos, suxestionándose coma estratexia para evitar os lumes. Esta xerminación é un dos principais problemas na silvicultura da especie. A explotación madeireira tamén influíu na diminución da superficie arborada. Hoxe a maioría das poboacións están protexidas en reservas formais e parques nacionais.

Os conos miden 20–35 cm de diámetro, e se desintegran cando maduran para ceibar as grandes sementes (3–4 cm).

Significado cultural editar

A. bidwillii foi unha árbore sagrada para os pobos aborixes. O nome vernáculo é bunya ou bunya-bunya, derivado do nome usado polos aborixes australianos; chámaselle a miúdo piñeiro bunia . As sementes son comestíbeis, semellantes aos piñóns, e foron unha importante fonte de alimento para os pobos aborixes australianos; os arboredos eran con frecuencia de certas propiedades tribais. As sementes comínase crúas ou cociñadas. Tradicionalmente moíanse até facer unhas papas coa que se acostumaba facer pan. A madeira é da cor do leite e doada de traballar. É excelente para traballo interiores, coma chans, mistos, vasoiras etc.

Cultivo editar

 
Un par de plantiñas de bunia amosando o cambio de cor das follas. Os cotiledóns son hipoxeais, fincan por baixo do chan.

As noces de bunia tardan en xermolaren. As primeiras follas forman unha roseta e son de cor café escuras. As follas tórnanse verdes unha vez que o primeiro sistema ramificado do talo se desenvolve. A diferenza das follas maduras, as novas son relativamente suaves. A medida que as follas madurecen fanse duras e afiadas.

Unha vez establecidas as bunias son moi resistentes ao frío e poden ser cultivadas tan ao sur como Hobart en Australia (42° S) e Christchurch en Nova Zelandia (43° S)[1] e tan ao norte como Sacramento, no norte do estado de California (38° N).[2]

Árbores senlleiras en Galiza editar

A araucaria de Carballeira, en Pontevedra figura no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Taxonomía editar

Araucaria bidwillii foi descrita por William Jackson Hooker e publicado en London Journal of Botany 2: 503–506, t. 18, 19, f. 1, no ano 1843.[3]

Sinonimia

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Araucaria araucana and A. bidwillii by Michael A. Arnold" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de outubro de 2008. Consultado o 19 de xuño de 2013. 
  2. "Araucaria bidwillii". University of Hamburg. Arquivado dende o orixinal o 28-10-2009. Consultado o 18-06-2009. 
  3. Araucaria australiana en Trópicos
  4. Araucaria australiana en PlantList

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Haines R. J. (1983) Embryo development and anatomy in Araucaria Juss. Australian Journal of Botany. 31, 125-140.
  • Haines R. J. (1983) Seed development in Araucaria Juss. Australian Journal of Botany. 31, 255-267.
  • Hernandez-Castillo, G. R., Stockey R. A.(2002) Palaeobotany of the Bunya Pine In (Ed. Anna Haebich) ppl 31-38. ‘On the Bunya Trail’ Queensland Review – Special Edition, Volume 9, No. 2, novembro de 2002 (University of Queensland Press: St Lucia).
  • Pye M.G., Gadek P. A. (2004) Genetic diversity, differentiation and conservation in Araucaria bidwillii (Araucariaceae), Australia's Bunya pine. Conservation Genetics .5, 619-629.
  • Smith I. R., Withers K., Billingsley J. (2007) Maintaining the Ancient Bunya Tree (Araucaria bidwillii Hook.) - Dispersal and Mast Years. 5th Souther Connection Conference, Adelaide, South Australia 21-25th, xaneiro de 2007.
  • Smith I. R. (2004) Regional Forest Types-Southern Coniferous Forests In ‘Encyclopedia of Forest Sciences’ (eds. Burley J., Evans J., Youngquist J.) Elsevier: Oxford. pp 1383–1391.
  • Smith I. R., Butler D (2002) The Bunya in Queensland’s Forests, In (Ed. Anna Haebich) ppl 31-38. ‘On the Bunya Trail’ Queensland Review – Special Edition, Volume 9, No. 2, novembro de 2002 (University of Queensland Press: St Lucia).

Ligazóns externas editar