Arashi é un grupo musical xaponés formado por cinco mozos: Masaki Aiba, Jun Matsumoto, Kazunari Ninomiya, Satoshi Ohno e Sho Sakurai.

Arashi en novembro de 2019.

O grupo está baixo contrato da axencia Johnny & Associates, especializada en levar grupos masculinos xaponeses de grande éxito. O propio nome do grupo Arashi, en xaponés (treboada) elixiuno a axencia co propósito de crear un grupo que "creara unha treboada por todo o mundo" e deu a coñecer ao grupo nunha rolda de prensa nun cruceiro nas proximidades de Honolulu o 15 de setembro de 1999. O 3 de novembro dese ano apareceu o seu primeiro sinxelo, "A・RA・SHI", a canción central de igual nome fora a elixida para a inauguración da 8ª Copa do Mundo de Voleibol o día anterior, a canción converteuse na máis famosa do grupo e o sinxelo vendeu 970.000 exemplares. Ademais do Xapón o grupo é moi coñecido en Corea do Sur e noutros países da costa pacífica asiática. Ata o momento Arashi tirou dez álbums e vinte e dous sinxelos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar