Aragonta González

nobre galega e raíña consorte de León

Aragonta González, nada en Galicia c. 900/908 e finada en Salceda de Caselas ?, c. 977,[1][2] foi unha nobre galega, brevemente raíña consorte de León polo seu matrimonio con Ordoño II, de quen foi esposa durante pouco máis dun ano.

Infotaula de personaAragonta González
Biografía
Nacementodécada de 900 Editar o valor em Wikidata
Galicia Editar o valor em Wikidata
Mortec. 977 Editar o valor em Wikidata (67/77 anos)
Salceda de Caselas, presumiblemente Editar o valor em Wikidata
Consorte real de León
922 – 923
← Elvira MenendizSancha Sánchez de Pamplona → Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeOrdoño II de Galicia e León
PaiGonzalo Afonso Betote Editar o valor em Wikidata
IrmánsHermenexildo Gundisalviz Editar o valor em Wikidata

WikiTree: González-507

Traxectoria editar

Filla do conde Gonzalo Afonso Betote e de Tareixa Eriz,[3] a filla do conde de Lugo, Ero Fernández. Tivo como irmáns os condes Paio e Hermenexildo González, dous nobres de importancia no nordeste da Península Ibérica durante a primeira metade do século X.[1]

En 922 casou co rei Ordoño II, despois da morte en 921 da anterior raíña, Elvira Méndez, segundo os datos que ofrece a Crónica de Sampiro.[1][3] O matrimonio non durou moito, pouco máis dun ano, despois Ordoño repudiouna, segundo a crónica porque non era do seu gusto,[1] feito polo que o monarca fixo penitencia.[3] Pouco despois o rei comprometeuse coa súa terceira muller, Sancha de Pamplona.[1]

Descoñécese se tivo descendencia. Finalizado o matrimonio volveu a Galicia,[1] onde fundou o mosteiro de Salceda de Caselas, onde é documentada en 967. Probabelmente viviu alí até a súa morte, acaecida cara ao 977.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Torres Sevilla-Quiñones, Margarita. Real Academia da Historia, ed. "Aragonta González". Diccionario biográfico electrónico. Consultado o 6 de xaneiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Andrade Cernadas, José Miguel (2014). "Asilos monásticos: vejez y mundo cenobítico en el noroeste hispánico". En AADD (ed.). Mundos medievales: espacios, sociedades y poder. vol. 1. Santander: Universidade de Cantabria. p. 322. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Carriedo Tejedo, Manuel (2014). "La familia gallega del rey Alfonso Froilaz (926-931)" (PDF). Rudensindus (núm. 9): 123.