Araceli Herrero Figueroa
Araceli Herrero Figueroa, nada en Lugo o 22 de xuño de 1948[1] e finada na mesma vila o 10 de xuño de 2020,[2] foi unha filóloga galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Araceli Herrero Figueroa 22 de xuño de 1948 Lugo, España |
Morte | 10 de xuño de 2020 (71 anos) Lugo, España |
Causa da morte | COVID-19 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Filosofía e Letras |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Director de tese | Ricardo Carballo Calero |
Actividade | |
Campo de traballo | Filoloxía románica |
Ocupación | escritora , filóloga |
Xénero artístico | Ensaio |
Lingua | Lingua castelá, lingua galega, lingua catalá e lingua portuguesa |
Lista
|
Traxectoria editar
Licenciada en Filosofía e Letras (Filoloxía Románica: Español) e licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa. Doutorouse en 1977 coa tese Luis Pimentel, obra inédita o no recopilada, documentación biográfica, introducción y notas, dirixida por Ricardo Carvalho Calero. Impartiu docencia no antigo Colexio Universitario de Lugo foi catedrática na Escola de Formación do Profesorado no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela e titular de universidade na Facultade de Formación de Profesorado de dita Universidade. Foi directora do Departamento de Didáctica da Lingua e da Literatura da mesma universidade.
Foi autora tamén de distintas monografías, capítulos de libros en volumes colectivos sobre lingua, literatura e didáctica, ensaios e estudos varios en diversas publicacións e revistas (Grial, O Ensino, Agália, A Trabe de Ouro, Revista Galega de Teatro, Casahamlet, ANILIJ etc.).
Obras editar
Ensaio editar
- O teatro en Fingoi, Cadernos da Escola Dramática Galega.
- Sobre Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro e Carballo Calero: apontamentos de Filoloxía, Crítica e Didáctica da Literatura, 1994, Ediciós do Castro.[4]
- Estudos sobre Emilia Pardo Bazán e recompilación de dispersos, 2004, Deputación de Lugo.
- Unha cidade e un poeta (Lugo e Luís Pimentel), 2007, Deputación de Lugo.
Edicións editar
- Luis Pimentel. Obra inédita o no recopilada, 1981, Celta.
- Armando Cotarelo Valledor. Teatro histórico e mariñeiro (Hóstia, Beiramar e Mourenza), 1984, Ediciós do Castro.
- Luís Pimentel. Obra Completa (edición e introdución), 2009, Galaxia.
Obras colectivas editar
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
- O teatro de Xesús Rodríguez López. Estudo e textos, 1988, Ediciós do Castro. Con Aurora Marco.
- Congreso Álvaro Cunqueiro: Actas, 1993, Deputación de Lugo. Coordinadora da edición, con Xabier Cordal, Bernardo Penabade e Ramom Reimunde.
Notas editar
- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Herrero Figueroa, Mª Araceli". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 291. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ "Falece a catedrática de Literatura Araceli Herrero". culturagalega.org. 2020-06-11. Consultado o 2021-01-27.
- ↑ Queizán, M. X. (12 de xuño de 2020). "Adeus a Araceli Herrero Figueroa". Praza Pública.
- ↑ Imaxe da portada