Araña de xardín

especie de araña
Araña de xardín

Femia

Macho
Macho

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Arachnida
Orde: Araneae
Suborde: Araneomorphae
Familia: Araneidae
Xénero: Araneus
Especie: A. diadematus
Nome binomial
Araneus diadematus
Clerck, 1758 [1]

A araña de xardín (Araneus diadematus) é unha especie moi coñecida de araña en todo o occidente de Europa e en boa parte de Norteamérica. Tamén está presente en Galicia.

Descrición editar

Os individuos de araña de xardín presentan unha ampla variedade cromática, dende o amarelo claro ao gris moi escuro, pero todas elas teñen unhas características manchas brancas na parte exterior do abdome. Estas manchas dispóñense en liña ao longo da parte máis elevada do abdome, e van decrecendo de tamaño conforme se achegan ao extremo da araña. Estas manchas brancas, que dividen o abdome en cinco segmentos e que adquiren o aspecto dunha cruz, son depósitos de guanina.

Comportamento editar

A araña de xardín e boa tecelá e aliméntase de insectos voadores. A súa trabada non é perigosa para os seres humanos. Cando se sente ameazada, a araña de xardín recolle os seus membros ata formar unha pequena unidade compacta.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Nikita J. Kluge (2007). "Case 3371. Araneidae Clerck, 1758, Araneus Clerck, 1758 and Tegenaria Latreille, 1804 (Arachnida, Araneae): proposed conservation" (PDF). Bulletin of Zoological Nomenclature 64 (1): 15–18. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de marzo de 2012. Consultado o 21 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén editar