Aquad é un programa baixo licenza GNU para a análise cualitativa de datos (CAQDAS en inglés: Computer assisted qualitative data analysis software) que facilita a análise de datos non estruturados en investigación cualitativa en psicoloxía, educación, socioloxía, filosofía, medicina, etnografía, política etc. Os datos estruturados recóllense habitualmente mediante a observación, introspección, historias de vida, diarios, grupos de discusión, entrevistas etc.

Autor editar

Aquad foi desenvolvido en Alemaña en 1987 por Günter L. Huber, profesor de Psicoloxía da Educación no Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Tübingen, para compensar a forza de traballo limitada na análise de contidos para un proxecto de investigación.

Descrición editar

Aquad ofrece ferramentas tales como:

  • Busca de texto
  • Codificación
  • Notas
  • Análise por palabras
  • Recuperación polo nome do ficheiro, códigos, palabras clave ou texto das notas
  • Cadros de análise
  • Construción de hipóteses que ligan
  • Comparación de casos e arquivos
  • Análise secuencial, como parte do enfoque de hermenéutica obxectiva
  • Comparación de casos mediante a análise booleana baseada no enfoque de Charles Ragin
  • Exportación de datos a programas de análise cuantitativa como R, SPSS e PSPP para a análise estatística

Posibilidades editar

Presentación dos datos editar

Os datos poden ser analizados como textos, sons, imaxes ou vídeos. Inicialmente, o software de análise cualitativa só se aplicaba a textos escritos. Estes datos son recollidos ou rexistrados durante a observación, a introspección, historias de vida, diarios, grupos de discusión, entrevistas etc. que se transcriben e analízanse estas transcricións.

Localización dos datos editar

O programa analiza os datos directamente na pantalla (análise dun paso) ou sen dixitalizalos (análise de dous pasos). A análise dun paso permite introducir os códigos en pantalla sobre datos dixitalizados. A análise de dous pasos permite introducir os códigos en pantalla tendo os documentos como realia no escritorio ou noutros medios tales como cámaras, TV etc. Así, podemos analizar as gravacións, xornais, incunables e outros obxectos sen a necesidade de transcribilos, sacarlle fotos ou dixitalizalos.

Comparación de casos ou arquivos coa análise Booleana editar

Aquad permite a comparación de casos ou ficheiros a través da minimización lóxica. Aplica o método booleano para realizar a comparación cualitativa ideada por Ragin (1989) e detecta as características esenciais para identificar tipos de casos.

Versións editar

A versión actual dispoñíbel é AQUAD 8[1], que inclúe exemplos de análise de textos escritos, son, imaxes e vídeos. Esta versión foi distribuída baixo a licenza GNU e o manual (Huber & Gürtler, 2012) tamén está dispoñíbel na web. Aquad pode utilizarse en alemán, inglés e español.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Huber, G. L. & Gürtler, L. (2012) AQUAD 7. Manual: The Analysis of Qualitative data. Tübingen: Ingeborg Huber Verlag. DownloadArquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)
  • Ragin, C. C. (1989) The Comparative Method: Moving Beyond Qualitative and Quantitative Strategies. Berkeley e Os Ánxeles: University of California Press. Google Books (en inglés)

Ligazóns externas editar