Apolonio de Rodas

Apolonio de Rodas, nado en Alexandría no 295 a. C. e finado posiblemente en Rodas no 215 a. C., foi un poeta grego, autor do poema épico Argonáuticas.

Infotaula de personaApolonio de Rodas
Nome orixinal(grc) Ἀπολλώνιος Ῥόδιος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento295 a. C.
Alexandría
Morte215 a. C.
Rodas
Head of the Library of Alexandria (en) Traducir

← Zenódoto de ÉfesoEratóstenes → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , gramático , mitógrafo , bibliotecario , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor em Wikidata
AlumnosChares (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo
Obra
Obras destacables

Traxectoria editar

A tradición dubida entre se naceu en Alexandría ou en Naucratis, pero é máis probable o primeiro, aínda que a súa familia procedía da segunda. Chámase de Rodas porque alí pasou a maior parte da súa vida e porque case con total seguridade adoptou a cidadanía rodia. Realizou estudos en Alexandría, tendo como mestre ao poeta Calímaco e como compañeiro de escola ao físico e astrónomo Eratóstenes, destinado a sucedelo na dirección da famosa Biblioteca de Alexandría. Cando tiña uns trinta anos foi nomeado por Tolomeo II Filadelfo bibliotecario para suceder ao célebre gramático Zenódoto de Éfeso. Ao mesmo tempo recibiu o encargo de educar ao fillo de Tolomeo Filadelfo, o futuro Tolomeo III Everxetes.

Durante os vinte anos que estivo no cargo compuxo o seu famoso poema épico Argonáuticas ou A viaxe dos argonautas, que narra a viaxe da nave Argos, dirixida por Xasón e tripulada por todo tipo de heroes míticos, cara a Cólquida, en busca do vélaro de ouro.

Tamén escribiu numerosos libros sobre gramática. Discutiu por entón co seu mestre Calímaco, que era un inimigo declarado dos poemas narrativos e extensos. Iso, e a inimizade da raíña Berenice, coa que se casara o seu alumno, chegado ao fin ao poder, motivaron a súa caída na corte do rei e a súa marcha cara a Rodas, onde morreu.

Outra tradición afirma que a súa primeira composición do poema Argonáuticas provocou as burlas dos seus colegas en Alexandría. Por iso, exiliouse a Rodas, onde reescribiu de novo a obra coa que alcanzou fama e recoñecemento.

Sobre a súa inimizade co seu mestre Calímaco, non se poñen de acordo os estudosos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Apolonio de Rodas (1996). Argonaúticas. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-1827-9. 
  • Apolonio de Rodas, El viaje de los Argonautas. Madrid, Alianza Editorial, introdución e tradución de Carlos García Gual.
  • Rudolph Pfeiffer, Historia de la filologia clásica. Ed Gredos (castelán).