Apolo (en grego antigo: Ἀπόλλωνος; Apóllōnos) é un dos deuses olímpicos na relixión grega clásica e na Roma antiga, presente nas mitoloxías grega e romana. Apolo é a divindade nacional dos gregos, e foi recoñecido como o deus do tiro con arco, a música e a danza, a verdade e a profecía, a curación e as enfermidades, o Sol e a luz, a poesía e moito atributos máis. Un dos deuses gregos máis importantes e complexos, era fillo de Zeus e de Leto, e irmán xemelgo de Artemisa, deusa da caza. Visto como o deus máis fermoso e o ideal dos kouros (efebo, ou un mozo imberbe e atlético), Apolo é considerado o máis grego de todos os deuses. Apolo é coñecido na mitoloxía etrusca (influenciada pola grega) como Apulu.[2]

Apolo
Deus dos oráculos, a curación, o tiro con arco, a música e as artes, a luz solar, o coñecemento, os rabaños e a protección dos mozos.
Membro da relixión grega e dos Deuses olímpicos
Apolo de Belvedere c. -120 a -140.
MoradaMonte Olimpo
PlanetaSol
Mercurio[1] (antigüidade)
AnimaisCorvo, cisne e lobo
SímbolosLira, coroa de loureiro, Pitón, arco e frechas
ÁrboreLoureiro e alcipreste
DíaDomingo (hēmérā Apóllōnos)
Información persoal
NacementoDelos
PaisZeus e Leto
IrmánsArtemisa (xemelga), Angelos, Afrodita, Ares, Atenea, Dioniso, Éaco, Enío, Eris, Ersa, Hebe, Helena de Troia, Hefesto, Heracles, Hermes, Ilitía, Minos, Pandia, Perséfone, Perseo, Radamantis, as Cárites, as Horas, as Litae, as Musas e as Moiras
FillosAsclepio, Aristeo, Coribantes, Himeneo, Apollonis, Anfiarao, Anio, Apis, Cicno, Eurídice, Femónoe, Filamón, Heitor, Lino de Tracia, Licomedes, Melaneo de Ecalia, Melite, Mileto, Mopso, Oaxes, Oncius, Orfeo, Troilo, Tenerus, Trofonio e varios outros.
Apolo, copia romana.

Asentouse no santuario de Delfos, tras dar morte a serpe Pitón, e estableceu alí o seu principal oráculo como deus da adiviñación e a mántica. É tamén o deus da música, a medicina e a poesía e como tal preside o coro das nove Musas, que viven no monte Helicón. A súa beleza era extraordinaria, aínda que ningún mortal o vira nunca, xa que a luz que desprendía deixaba cego a quen o mirara. É tamén o nome que recibiu a misión da NASA que levou ó home á Lúa (Apollo program).

Notas editar

  1. Price, Fred W. (1994). The Planet Observer's Handbook. Nova York: Cambridge University Press. p. 75. ISBN 0-521-78981-8. 
  2. Krauskopf, I. 2006. "The Grave and Beyond." The Religion of the Etruscans. editado por N. de Grummond e E. Simon. Austin: University of Texas Press. p. vii, p. 73-75.

 
 Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.