Apocalypto

filme de 2006 dirixido por Mel Gibson

Apocalypto é un filme dirixido por Mel Gibson e producido polos estudios Icon Entertainment, que se estreou nos Estados Unidos o 8 de decembro do 2006. A historia está ambientada nas terras maias da América precolombiana e foi filmada en lingua maia iucateca. Apocalypto é un drama de acción e aventura que conta unha historia de amor, odio e violencia na era anterior á chegada dos conquistadores españois. Foi filmada no estado mexicano de Veracruz.

Apocalypto
Ficha técnica
Título orixinalApocalypto
DirectorMel Gibson
ProdutorMel Gibson
Bruce Davey
Ned Dowd
GuiónMel Gibson
Farhad Safinia
IntérpretesRudy Youngblood
Raoul Trujillo
Mayra Sérbulo
Dalia Hernández
Gerardo Taracena
Rodolfo Palacios
Bernardo Ruiz Juarez
Ammel Rodrigo Mendoza
Ricardo Díaz Mendoza
Israel Contreras
MúsicaJames Horner
FotografíaDean Semler
MontaxeJohn Wright
EstudioIcon Productions
DistribuidoraTouchstone Pictures / Icon Productions
Estrea2006
Duración130 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAventuras
Orzamento$40 000 000[1]
Recadación$121 654 337
Na rede
IMDB: tt0472043 Filmaffinity: 368520 Allocine: 61676 Rottentomatoes: m/apocalypto Mojo: apocalypto Allmovie: v332343 TCM: 636627 Metacritic: movie/apocalypto TV.com: movies/apocalypto Netlix: 70044699Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Nunha aldea perdida na selva do Iucatán vive Gadoupa-Xaguar, un xove indíxena que vive en paz coa súa comunidade ata que un día o seu poboado é atacado por un grupo de guerreiros maias, que levan os mozos para sacrificios e as mulleres para seren escravas. Despois dunha desesperada resistencia, o protagonista é capturado cos seus compañeiros, mais non o foron a súa muller e o seu fillo, que foron agochados antes da chegada dos invasores. Os prisioneiros son levados a unha cidade, (probablemente Palenque ou Chichén Itzá), pero Gadoupa-Xaguar deberá enfrontarse ós seus captores para tratar de volver onda súa familia.

Personaxes editar

Premios editar

  • 2006: 3 Nomeamentos ó Oscar: Mellor maquillaxe, son, efectos sonoros.
  • 2006: Nomeado ó Globo de Ouro: Mellor filme de fala non inglesa.
  • 2006: Nomeado ó BAFTA: Mellor filme de fala non inglesa.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar