Aplysia

xénero de moluscos

Aplysia é un xénero de moluscos gasterópodos da subclase dos heterobranquios, infraclase dos eutineuros, orde dos aplisíidos, que é o tipo da familia dos aplisíidos, que agrupa ás chamadas borrachas (un tipo de lesmas de mar), que habitan en todos os mares do globo.

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1767 por Linneo, na 12ª edición do seu Systema naturae.[1][2][3]

Sinónimos editar

Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero coñeceuse polos sinónimos:[2]

  • Aplysia (Aplysia) Linnaeus, 1767
  • Aplysia (Metaplysia) Pilsbry, 1951
  • Aplysia (Neaplysia) J. G. Cooper, 1863
  • Aplysia (Pruvotaplysia) Engel, 1936
  • Aplysia (Subaplysia) M. Medina, T. Collins & Walsh, 2005
  • Aplysia (Tullia) Pruvot-Fol, 1933
  • Aplysia (Varria) Eales, 1960
  • Aplysiopsis Bergh, 1898
  • Laplysia Linnaeus, 1767
  • Phyllobranchopsis Eliot, 1905
  • Pruvotaplysia Engel, 1936
  • Tullia Pruvot-Fol, 1933
  • Varria Eales, 1960

Especies editar

Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes especies:[2]

Características editar

 
Unha Aplysia fasciata (arriba) e unha parella de A. punctata (abaixo) nun acuario de Póvoa de Varzim, Portugal.

De corpo espido, estes animais respiran a través dunha respiración branquial que se manifesta polas branquias visíbeis dorsalmente, onde forman unha estrutura que recorda unha matogueira. Estas branquias son operculadas.[4]

O tamaño destes fitófagos bentónicos é bastante grande en comparación coa maioría dos moluscos.

Pastan en zonas mareais e submareais de augas tropicais e subtopicais, principalmente na rexión Indo-pacífica (23 especies), pero tamén se encontran no océano Atlántico (12 especies, cunhas poucas no Mediterráneo).

Son hermafroditas e fan cópulas cruzadas de dous individuos, nas que cada un deles emprega sucesivamente un ou o outro dos seus sexos.

Cando son ameazados, liberan nubes de tinta ou borra para dificultar a visión do atacante.

Baixo a dirección de Eric R. Kandel, este xénero foi estudado como organismo modelo en neurobioloxía, porque a liberación de tinta é unha resposta mediada por sinapses eléctricas, que permiten que varias neuronas disparen de maneira sincronizada.[5]

Esta rápida resposta neural é importante para que o animal reaccione fuxindo.

Véxase tamén: Adaptacións antipredadores.

En Galicia editar

Véxase tamén: Borrachas.

En Galicia viven tres especies deste xénero:

  • Aplysia punctata (Cuvier, 1803), a máis común, de coloración variábel, parda avermellada escura nos individuos novos e parda verdosa escura, ás veces con puntos albrancazados, nos individuos vellos,[6][7] e outras dúas especies do mesmo xénero, máis escasas,
  • A. fasciata (Poiret, 1798),[7][8] de cor escura cos bordos dos parápodos avermellados, e a máis rara,
  • A. depilans (Gmelin), 1791,[7][9] que segrega un líquido de aspecto leitoso, non violeta, como as dúas anteriores.

Galería editar

Notas editar

  1. Linnaeus, C. (1767): Systema naturae per regna tria naturae: secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Ed. 12. 1., Regnum Animale. 1 & 2. Holmiae (Estocolmo), Laurentii Salvii.
  2. 2,0 2,1 2,2 Aplysia Linnaeus, 1767 no WoRMS. Consultado o 16 de agosto de 2021.
  3. Aplysia Linnaeus, 1767 no GBIF.Consultado o 16 de agosto de 2021.
  4. F. Cuvier, Leçons d'anatomies comparées, t. 2, 1805, p. 304.
  5. Kandel Eric R., Schwartz, J. H. e Jessell, T. M. (2000): Principles of Neural Science, 4th ed. New York: McGraw-Hill. ISBN 0-8385-7701-6.
  6. Rolán 1983, pp. 340-341.
  7. 7,0 7,1 7,2 Rolán & Otero-Sshmitt, p. 134.
  8. Rolán 1983, pp. 339-340.
  9. Rolán 1983, p. 341.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • D'Ancona, U. (1972): Tratado de Zoología. 2 vols. Barcelona: Ed. Labor, pp. 744–745.
  • Grassé, P.-P.; R.-A. Poisson e O. Tuzet (1976): Zoología. 1. Invertebrados. Barcelona: Ed. Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4, pp. 410–415.
  • Míguez, R., González, C. e García Álvarez, O. (1996): Guía ecolóxica do litoral galego. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-973-3.
  • Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): Zoología sistemática. Barcelona: Ed. Omega. ISBN 84-282-0608-2, pp. 145–146.
  • Rolán, E. (1993): Guía ecolóxica das cunchas e moluscos de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-698-X.
  • Rolán, E. (1983): Moluscos de la ría de Vigo. I Gasterópodos. Thalassas. Revista de ciencias del mar, Vol. 1, Nº 1 Anexo 1. ISBN 84-3089-578-4.
  • Rolán, E. e J. Otro-Schmith (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 84-8288-072-1.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar