Os Aploquéilidos (Aplocheilidae, Bleeker 1860), ou almirantes, son unha familia de peixes maioritariamente de auga doce, incluída na orde dos Ciprinodontiformes (Cyiprinodontiformes).

Aplocheilus lineatus

Características editar

A distribución xeográfica comprende África, sueste de Asia, sueste de Norteamérica e Suramérica, en auga doce aínda que algunhas especies toleran a salinidade. Algunhas especies son moi usadas como animais de acuario, polas brillantes cores e fermosas aletas.

Son peixes pequenos, duns 5 cm de lonxitude. Teñen unha pequena separación entre a base das aletas pelvianas.

Clasificación editar

 
Nothobranchius rachovii

A taxonomía desta familia é obxecto de discusión. Seguindo a FishBase [1] divídese en tres xéneros e 15 especies:

  • Xénero Aplocheilus (McClelland, 1839)
  • Xénero Archiaphyosemion
  • Xénero Pachypanchax (Myers, 1933)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar