Apenas el Sol

filme de 2020 dirixido por Arami Ullón

Apenas el Sol é un filme documental de 2020 producido entre Paraguai e Suíza e dirixido por Arami Ullón. O filme, rodado en lingua ayoreo e castelán, foi escollido como candidato de Paraguai para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios,[1] mais finalmente non foi nomeado.

Apenas el Sol
Ficha técnica
Título orixinalApenas el Sol
DirectorArami Ullón
ProdutorPascal Trächslin
Arami Ullón
GuiónArami Ullón
IntérpretesMateo Sobode Chinqueno
Apai Roman Dosape Chinqueno
Comunidade ayoreo
MúsicaMúsica tradicional ayoreo
MontaxeValeria Racioppi (SAE)
DistribuidoraCineworx
Arami Ullón Cine
EstreaFestival de Ámsterdam: 18 de novembro de 2020
Orixe Paraguai
Suíza Suíza
XéneroDocumental
Na rede
IMDB: tt10215134 Editar o valor em Wikidata

O filme conta a historia de Mateo Sobode Chiqueno, un indíxena do pobo ayoreo de Paraguai que leva máis de 40 anos coleccionando voces ayoreo mediante unha rudimentaria gravadora: historias, entrevistas, cancións e rituais.[2][3]

Sinopse editar

Mateo Sobode Chiqueno conta a historia do pobo ayoreo, que foi desarraigado e realoxado en asentamentos de terras áridas. Tamén relata como as súas terras foron tomadas con violencia e foron obrigados a converterse ao cristianismo. Como consecuencia disto, el ve a súa cultura desaparecer e por iso fixo que o seu traballo vital capturase e documentase a lingua, as tradicións, as historias, a relixión e o modo de vida ayoreo.[4]

Notas editar

  1. ""Apenas el sol" representará a Paraguay en los premios Óscar". La Nacion. 22 de outubro de 2021. Consultado o 22 de outubro de 2021. 
  2. "Documentary". APENAS EL SOL. 
  3. Hunter, Allan (18 de novembro de 2020). "'Nothing But The Sun': IDFA Review (Opening Film)". Screen Daily. 
  4. "Nothing but the Sun". www.idfa.nl. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar