Aore é unha illa na provincia de Sanma, Vanuatu. Atópase fronte a Luganville na Illa Espírito Santo e ten unha área de 58 km².

Aore
Mapa Espírito Santo
Situación
PaísVanuatu
ProvinciaSanma
ArquipélagoNovas Hébridas
MarOcéano Pacífico
Coordenadas15°35′S 167°10′L / -15.583, -167.167
Xeografía
XeoloxíaVolcánica
Superficie57´6 km²
Punto máis alto122 m.
Demografía
Poboación556 hab. (2009)
Densidade9´65 hab/km² hab./km²

En Aore practicase o mergullo e a pesca. Hai numerosos centros turísticos, e de catering para turistas, vodas e bautizos. Aore é un paraíso para os mergulladores, está ó lado de naufraxios de primeira clase mundial e de dos arrecifes. Os naufraxios inclúen o SS President Coolidge, SS Tucker, e o MV Henry Bonneaud. Xa sexa de fondo ou de arrastre ao longo da costa virxe, os pescadores desde o principiante ata o máis experimentado gozan de excelente pesca durante todo o ano en Aore e nas cristalinas augas azuis de Espiritu Santo e as súas illas veciñas.

O turismo e plantacións son a base principal de emprego e de ingresos económicos de Aore.

Grandes colonias de morcegos ocupan moitas covas da illa.

Notas editar