Anziliya foi unha cidade do país dos kaska, ao nordeste de Hattusa, non lonxe de Tapikka. Foi conquistada e reconquistada polo rei hitita Suppiluliumas I antes do -1340, probabelmente sen atopar resistencia.

Mursilis II estivo na zona sobre o -1320 na súa terceira campaña (cuarto ano de reinado) pero non se di que conquistase a cidade, senón que conquistou os territorios das inmediacións, o que indicaría que permanecía en mans hititas.

Foi fortificada por Muwatallis II sobre o -1300 e cedida ao seu irmán Hattusilis dentro do reino de Hakpis.