O Antonov An-2 (en ruso: Ан-2) tamén chamado Annushka é un robusto biplano monomotor. O seu primeiro voo tivo lugar o 31 de agosto de 1947 sendo o primeiro avión deseñado por Antonov. É empregado coma medio de transporte lixeiro con capacidade para 12 pasaxeiros, paracaidismo e traballos agrícolas. As súas extraordinarias capacidades para voar a baixa velocidade e realizar engalaxes e aterraxes en curtas distancias, o fan perfecto para voos a lugares con pistas improvisadas. Tamén foron creadas variantes para climas fríos e outras condicións extremas. é o maior biplano monomotor xamais construído e os 45 anos de produción ininterrompida o converten nun dos avións máis antigos aínda en uso.

Antonov An-2
Un Antonov An-2 da Forza Aérea Polaca
Tipotransporte lixeiro
FabricanteAntonov
Deseñado porOleg Konstantinovich Antonov
Primeiro voo31 de agosto 1947
Introducido1947
Principais usuarios Unión Soviética
Rusia Rusia*
China
Corea do Norte
ProduciónAínda en produción na República Popular da China
Unidades construídas+ 18.000[1]
VariantesAntonov An-3

Historia editar

 
Biplano An-2 particular na exhibición aérea de Miramar

O An-2 é o biplano monomotor máis grande xamais construído e foi producido en grandes cantidades sendo construídos 5 000 ata 1960 na URSS. A partir dese ano a maioría dos An-2 foron construídos na factoría polaca WSK-P2L Mielec, con máis de 13 000 aparellos construídos ata o fin da produción do An-2 en 1991. Unha produción limitada para partes de recambio e cobertura de mantento continúa. O An-2 é tamén construído baixo licenza na China co nome de Shijiazhuang Y-5 (Avión de transporte Tipo 5).

Deseño editar

O An-2 foi deseñado como un avión de usos diversos para uso do goberno na agricultura e bosques. Porén é altamente adaptable e numerosas variantes foron creadas incluíndo versións científicas para estudos atmosféricos, avións cisterna para a loita contra incendios forestais, ambulancias voantes, hidroplanos, unha versión de combate lixeiramente armada para o lanzamento de paracaidistas e a versión máis común, o An-2T, con capacidade para 12 pasaxeiros. Todas as versións salvo o An-3 están dotadas dun motor radial Shvetsov ASh-62IR de 1000 CV de potencia e 9 cilindros o cal foi orixinalmente deseñado a partir do Wright R-1820.

Notas editar

  1. Gordon,Yefim & Komissarov, Dmitry. “Antonov An-2”. Midland. Hinkley. 2004. ISBN 1-85780-162-8

Véxase tamén editar


Outros artigos editar

Ligazóns externas editar