Antonio de los Ríos Arenas
Antonio de los Ríos Arenas, nado en Córdoba o 2 de xaneiro de 1934, é un exfutbolista español, que xogaba como centrocampista.
Arenas | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Antonio de los Ríos Arenas | ||
Nacemento | 2 de xaneiro de 1934 | ||
Lugar de nacemento | Córdoba | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1954–1956 | España de Tánxer | 48 | (0) |
1956–1958 | Sevilla | 7 | (0) |
1957 | → Deportivo da Coruña | 11 | (1) |
1959–1960 | Levante | 16 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Debutou na Segunda División aos 20 anos, nas filas do España de Tánxer, na primeira xornada da tempada 1954/55. Despois de dous anos en Tánxer, fichou en 1956 polo Sevilla. No equipo adestrado por Helenio Herrera non contou con minutos, e en xaneiro de 1957 foi cedido xunto con Liz ao Deportivo da Coruña, dentro dunha operación na que o Sevilla conseguiu o traspaso de Arsenio.[1] Debutou na Primeira División na xornada 20 da tempada 1956/57, contra o FC Barcelona en Riazor, formando no medio do campo xunto con Villarrubia.[2] Disputou un total de 11 partidos co Deportivo e marcou un gol, precisamente contra o Sevilla.
Regresou ao club hispalense ao remate da campaña, e xogou oito encontros na seguinte, incluíndo un partido da Copa de Europa contra o Real Madrid. Na tempada 1959/60 xogou co Levante na Segunda División.
Notas editar
- ↑ "Liz y Arenas, nuevos jugadores deportivistas y Arsenio, traspasado al Sevilla". La Noche (en castelán) (11187). 24 de xaneiro de 1957. p. 5. Consultado o 11 de febreiro de 2022.
- ↑ "Estrepitosa derrota del Deportivo ante el Barcelona en Riazor (1-6)". El Progreso (en castelán) (15394). 29 de xaneiro de 1957. p. 4. Consultado o 11 de febreiro de 2022.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).