Antonio de Saavedra y Jofré

Antonio de Saavedra e Jofré, nado en Valencia o 1 de febreiro de 1777[1] e finado en Xénova o 13 de febreiro de 1842,[2] VII conde de Alcudia, foi un nobre e político e diplomático español. Ostentou o cargo de Secretario de Estado e de Despacho Universal de España dende o 20 de xaneiro de 1832 até o 1 de outubro do mesmo ano.

Infotaula de personaAntonio de Saavedra y Jofré

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1777 Editar o valor em Wikidata
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de febreiro de 1842 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Xénova Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario Editar o valor em Wikidata
Partido políticoAbsolutismo na Espanha (pt) Traducir
Carlismo Editar o valor em Wikidata

Foi conde da Alcudia, conde de Gestalgar, barón de Albalat de Segart[3], Ayodar, Canet de Berenguer, Estivella, Beselga, Montalt, Villamur, Torralba, Fuentes e Berlinches.

Traxectoria editar

Familia editar

Casou en varias ocasións. A primeira coa súa sobriña Patrocinio de Saavedra y Roca Jofré y Carroz[4] que morreu en 1817 sen sucesión, polo que seu marido herdou os señoríos da casa de Saavedra: foi VII Conde de la Alcudia, Señor de Albalat de Segart, Ayodar, Canet de Berenguer, Estivella, Beselga, Montalt, Villamur, Torralba, Fuentes e Berlinches[5].

En 1818, casou en segundas nupcias con Sinforosa Frígola y Mercader Xatmar y Caro[4] herdeira, entre outros, do Condado de Gestalgar e coa que tivo 5 fillos (Antonio, Joaquina, Atalia, María de la Encarnación y Josefa de Saavedra y Frígola).[5]

En novembro de 1834, en Viena, casou en terceiras nupcias cunha irmá da súa segunda esposa, Mª de la Concepción Josefa Frigola y Mercader,[4][6] coa que tivo tres fillos máis (Carolina, Diego e Manuel).[7]

Política editar

Ingresou na Armada na que conseguiu o emprego de Tenente de Fragata.[8]

En 1792, ingresou na Real Academia, e pasou pouco despois ao Servizo diplomático no que desempeñou cargos en diversas misións como, en 1823, ministro plenipotenciario perante a corte dos Tsares de Rusia, e en Londres (1826).

Tralo falecemento de Manuel González Salmón, o 20 de xaneiro de 1832, asumiu o cargo de Secretario de Estado de España como interino. No entanto, non o ocuparía até un mes despois, tempo durante o cal exerceu Francisco Tadeo Calomarde, co cal se aliou contra o ministro de Facenda, o reformista López Ballesteros. Tamén interveu nos sucesos da Granxa e convenceu a Fernando VII para o derrogamento da Pragmática Sanción.[9] Ao cambiar o rei de opinión, foi substituído por Francisco Cea Bermúdez e nomeado embaixador en Londres pero renunciou e pediu permiso para marchar a Italia.

Dende Italia, co permiso do goberno marchou a Viena onde, en segredo, fora nomeado polo pretendente Carlos Mª Isidro como embaixador del para conseguir apoios entre as potencias absolutistas. Ao sospeitar o goberno, chamouno a Madrid mais negouse o que provocou a confiscación dos seus bens o 25 de maio de 1835.[9]

Sostivo economicamente a causa carlista con varias cantidades de cartos e, durante a primeira guerra carlista, hospedou o pretendente nas súas posesións de Albalat.[9] Tras perde-la guerra, en 1839, foi dos poucos que acompañaron a D.Carlos ao exilio, onde morreu en Xénova tres anos máis tarde.

Trala súa morte, os seus fillos, recuperarían as propiedades.

Notas editar

  1. Caridad (2012), p.164
  2. Caridad (2012), p. 2016
  3. "Títulos nobiliarios españoles". compactgen.com/. Arquivado dende o orixinal o 16-04-2016. Consultado o 12-02-2018. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Saavedra Jofré, Antonio de (1765-1842)". Archivo General Región de Murcia. Consultado o 12-02-2018. 
  5. 5,0 5,1 "Personajes". Antropología – Camp de Morvedre. Arquivado dende o orixinal o 13-02-2018. Consultado o 12-02-2018. 
  6. Sánchez (1997); pp. 53-54
  7. "Saavedra. Condes de Alcudia y de Gestalgar, Barones de Albalat y de Canet". abcgenealogia.com. Arquivado dende o orixinal o 28-01-2010. Consultado o 12-02-2018. 
  8. Sánchez (1997), p. 53
  9. 9,0 9,1 9,2 Caridad (2012); p.165

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Caridad Salvador, Antonio (2012). "Los carlistas de Valencia. La reacción en una ciudad liberal (1833-1840)". Brocar: Cuadernos de investigación histórica (36): 161–183. ISSN 1885-8309. 
  • Sánchez Medrano, Francisco José (1997). El Palacio de los Saavedra: metamorfosis de un edificio del s. XVII. Murcia: Servicio Publicaciones Universidad de Murcia. ISBN 84-7684-811-0. 

Outros artigos editar