Antonio Taboada Roca

farmacéutico e historiador galego

Antonio Taboada Roca, nado en Melide o 6 de febreiro de 1899 e finado en Madrid o 10 de maio de 1978,[1] foi un farmacéutico e historiador galego.

Infotaula de personaAntonio Taboada Roca
Biografía
Nacemento6 de febreiro de 1899 Editar o valor em Wikidata
Melide, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de maio de 1978 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsManuel Taboada Roca Editar o valor em Wikidata
Sinatura

Traxectoria editar

 
SEG en 1934: Entre outros: Otero Pedrayo, Iglesias Vilarelle, Parga Pondal, Ferreiro Panadeiro, Fernández Osorio, Fernández Cochón, Vicente Risco, González García-Paz, Antón Taboada Roca, Paulino Pedret, Xesús Carro, Antón Fraguas, Xohán Ledo, Isla Couto, Ferreirós Espinosa, López Cuevillas e Ramos Colemán

Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1919), realizou investigacións históricas e heráldicas. En 1926 ingresou no Seminario de Estudos Galegos onde promoveu Terra de Melide (1933). Colaborou en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, Nós, Boletín da Real Academia Galega, Cuadernos de Estudos Galegos e Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Lugo. Foi cronista da vila de Melide, académico correspondente da Real Academia Galega e membro de asociacións de estudos xenealóxicos e heráldicos.

Obras editar

  • Cotos e xurisdicións de Galicia: pazo de Santa Mariña de Castro de Amarante, 1929.
  • Don Juan Vázquez de Mella y Galicia, 1963.

Notas editar

  1. Necrolóxica ABC, 17/5/1978

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar