Antonio Sánchez Quiroga
Antonio Sánchez Quiroga, coñecido como Follés, nado no Saviñao cara a 1913 e finado en Lugo o 14 de xaneiro de 1937, foi un militar e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1913 O Saviñao, España |
Morte | 14 de xaneiro de 1937 (23/24 anos) Lugo, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Follés |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | militar , político |
Traxectoria editar
Facía o servizo militar na base aérea de León, e nos primeiros días da revolución de Asturias de 1934 participou nun movemento de apoio aos sublevados; asaltaron o arsenal e impediron a engalaxe dos avións repletos de bombas para descargar sobre Oviedo. Detido, un tribunal de guerra condenouno a 20 anos de prisión,[1] que se reduciron a 16 meses no forte de Guadalupe de Irún. Logo do triunfo do Frente Popular foi amnistiado e regresou a Escairón con Antonio Nieves Ferreiro, sendo recibidos con fogos artificiais e un banquete o 1 de marzo.[2][3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 6 de agosto xunto con Bernardo Sánchez Quiroga.[4] Xulgado en Lugo por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo o 14 de xaneiro de 1937 con Agustín Rouco Vilar.[5]
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Nieves Ferreiro, Antonio (2009). Una lucha incansable. Vigo: Galaxia.
Ligazóns externas editar
Antonio Sánchez Quiroga na páxina web Nomes e Voces.