Antonio Rosmini nado en Rovereto o 24 de marzo de 1793 e finado en Stresa o 1 de xullo de 1855, foi un filósofo italiano.

Infotaula de personaAntonio Rosmini

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1797 Editar o valor em Wikidata
Rovereto (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xullo de 1855 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Stresa Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Italia
Reino Lombardo-Vêneto (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Padua Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo , sacerdote , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa1 de xullo Editar o valor em Wikidata

Páxina webrosmini.it… Editar o valor em Wikidata
Find a Grave: 148147202 Editar o valor em Wikidata
Monumento dedicado a Antonio Rosmini en Milán (1896).

Traxectoria editar

Estudou Dereito e Teoloxía na Universidade de Padua. Fundou o Instituto della caritá, adicado á atención aos pobres e marxinados en 1828. Xa en 1830 publicou o Novo ensaio sobre a orixe das ideas que anticipa moitas das súas concepcións.

Foi nomeado arcipreste de Rovereto, localidade que tivo que abandonar en 1835 por presións políticas. En 1848 o rei de Piamonte, Carlo Alberte de Savoia, encargoulle a misión diplomática co fin de convencer ao papa Pío IX para presidir unha confederación de estados italianos. Renunciou a esta misión cando se buscou que o Papa entrara en guerra contra Austria. Ofrecéuselle que presidira a república romana, pero el descartouse por non querer poñerse á fronte dun goberno que privaba de liberdade ao Papa. Seguiu ao Papa na súa fuxida a Gaeta, pero enfrontouse ao poderoso cardeal Giacomo Antonelli, que buscaba apoio de exércitos estranxeiros para defender ao Papa. Isto fixo que Rosmini caera en desgraza. Residente definitivamente en Stressa, foi alí onde encontrou a morte.

Algúns dos seus libros foron incluídos no Índice de libros prohibidos da Igrexa Católica. León XIII condenou corenta proposicións de Rosmini, o que este acatou con obediencia. Procesado polo Vaticano en 1854, foi finalmente absolto.

Pensamento editar

Rosmini afastouse igualmente do empirismo e da escolástica formalista. A idea do ser é coesencial e coexistencial ao pensamento. O coñecemento é unha intuición do ser ideal, sen o cal aquel non é posible nin tampouco o pensamento. O ser ideal é obxectivo pero indeterminado. Dotado da categoría de posibilidade, permite que o home sexa un ser de intelixencia pois é o alicerce para a intelixibilidade dos entes. O ser ideal non é Deus, pero é unha participación intelectual do Ser real na criatura.

Pero o home non é só pensamento. O seu corpo resúltalle coesencial e coexistencial. O corpo permite ao home ser sensitivo e sen o corpo o home non é. O que permite ao home ser persoa é a moral. O home ao comportarse moralmente vai ensanchándose cara horizontes infinitos atraído por un imán de amor. O home ama a verdade porque é amado pola verdade. O ben non é seu senón que é para el. O ben imponse suplicante á vontade do home.

O Dereito non pode ir contra a moral, pois está fundado na xustiza, a autoridade só se lexitima en canto serve á xustiza. Para Rosmini, o que os socialistas pretenden vivírono os cristiáns hai 19 séculos. As institucións sociais han de servir para o progreso da condición material dos desfavorecidos.

Na súa obra As cinco chagas da santa Igrexa (1846), critica o afastamento do clero do pobo e a falta de formación, a implicación dos bispos na política e os seus intereses económicos, o nomeamento de bispos polo poder civil e a riqueza da Igrexa.

Significación editar

O pensamento de Rosmini non renuncia ao ser, fronte á dilución de perfís da filosofía contemporánea. Pasou de ser un pensador cuestionado pola xerarquía católica a ser reivindicado polo pensamento católico na segunda metade do século XX. O Papa Bieito XVI decidiu a súa beatificación.

Obras editar

  • Nuovo saggio sull'origine delle idee 1830
  • Princìpi della scienza morale 1831
  • Filosofia della morale 1837
  • Antropologia in servizio della scienza morale 1838
  • Filosofia della politica 1839
  • Filosofia del diritto 1841-1845
  • Teodicea 1845.

Bibliografía editar

  • Paolo Marangon, Il Risorgimento della Chiesa. Genesi e ricezione delle "Cinque piaghe" di A. Rosmini, collana Italia Sacra, Roma, ed. Herder, 2000
  • Umberto Muratore, Conoscere Rosmini. Vita, pensiero, spiritualità, Stresa, Edizione Rosminiane Sodalitas, 2002
  • Francesco Paoli, Antonio Rosmini, Virtù quotidiane, Verona, Edizioni Fede & Cultura, 2007. ISBN 978-88-89913-27-7
  • Maurizio De Paoli, Antonio Rosmini. Maestro e profeta, Milano, Edizioni San Paolo, 2007.