Antonio Rodríguez Lesende

cantante de tangos galego

Antonio Rodríguez Lesende, alcumado Gallego, nado en Vigo en 1905 e finado en Buenos Aires o 2 de outubro de 1979, foi un cantante de tango galego-arxentino, que desenvolveu toda a súa carreira na Arxentina.

Infotaula de personaAntonio Rodríguez Lesende
Biografía
Nacemento1905 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de outubro de 1979 Editar o valor em Wikidata (73/74 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica de tango (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 09e6fc7d-8007-4f1a-a93d-9b1cd7a3cdd6 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado en Vigo en 1905, ao ano seguinte trasladouse coa súa familia á Arxentina, instalándose no barrio de Balvanera en Buenos Aires. Aos 15 anos xa destacaba no coro da asociación de coristas Orfeon e de aí pasou ao teatro Colón, onde aprendeu canto e teoría musical e destacou polas seus dotes vocais. Aos vinte anos xa cantaba tangos en Radio Splendid, acompañado pola orquestra de José Tinelli primeiro e Francisco Lomuto despois, e xa era admirado como estribillista. Máis adiante vencellouse a Radio El Mundo, onde cantou con todos os conxuntos típicos do elenco desa radio. En 1927 foi contratado pola discográfica Brünswick, na que xa estaban as orquestras de Edgardo Donato e Juan Polito, e a principios dos anos 30 cantaba coa orquestra de Antonio Bonavena.[1]

En 1935 formou un trío con Joaquín Mauricio Mora e Héctor Morel e ao mesmo tempo cantou acompañando ao trío de Ciriaco Ortiz, Juan Carlos Cobián e Cayetano Puglisi. Ese mesmo ano cantou na estrea do famoso tango "Nostalgias", de Enrique Cadícamo e Juan Carlos Cobián, durante a inauguración do local Charleston de Buenos Aires.[2][3][4]

Rodríguez Lesende retirouse do canto profesional por motivos descoñecidos, na plenitude da súa capacidade interpretativa nunha data que, segundo as versións, foi 1943 ou 1947. En 1953 volveu á actividade profesional durante un breve período coa orquestra dirixida por Atilio Stampone, Leopoldo Federico e Antonio Rodio, ao parecer convencido por Argentino Galván, membro e arranxador do grupo. Durante ese período gravou Tierrita, un tango de Agustín Bardi que interpretaba con solvencia.[1] Morreu en Buenos Aires o 2 de outubro de 1979.

Recoñecemento editar

Prestixiosos músicos como Antonio Bonavena, Julio de Caro, Juan Carlos Cobián, Osvaldo Fresedo, Pedro Laurenz, Pedro Maffia, Joaquín Mauricio Mora, Ciriaco Ortiz, Aníbal Troilo ou Carlos di Sarli considerárono o mellor cantante de tango de orquestra de todos os tempos.[1][5] Con todo, aceptou a esixencia dos seus directores de orquestra que na década de 1920 e parte dos anos 30 consideraban que o vocalista non debía distraer aos bailaríns coa súa voz, é dicir, que tiña que limitarse a cantar o retrouso. Por este motivo e porque non tiña repertorio de seu e porque, se cadra, carecía de entusiasmo, carisma ou personalidade, a súa transcendencia foi limitada, así como o número de gravacións que realizou. Con todo, a súa dicción clara, elegante e emocional e o seu acento, convertérono no cantante máis buscado polos directores ata 1940, cando xa non se limitaba sóa retrousos, senón que era cantor de letras completas.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Adet, Manuel (26 de abril de 2014). "Antonio Rodríguez Lesende" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2021. Consultado o 24 de setembro de 2021. 
  2. Del Priore & Amuchástegui 1998, pp. 190-191.
  3. Romano 1990, pp. 272-273.
  4. García Jiménez 1981, pp. 251-254.
  5. 5,0 5,1 Astarita, Gaspar. "Biografía de Antonio Rodríguez Lesende" (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar