Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés

ilustrado e industrial asturiano

Antonio Raimundo Ibáñez Gastón de Isaba y Llano Valdés, nado en Ferreirela de Baxo[1] (Santalla de Ozcos) o 17 de outubro de 1749 e finado en Dompiñor (Ribadeo) o 2 de febreiro de 1809, foi un ilustrado e industrial asturiano. Creou en Sargadelos o primeiro alto forno da industria española e unha fábrica de louza, polo cal foi nomeado tras a súa morte Marqués de Sargadelos.

Infotaula de personaAntonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de outubro de 1749 Editar o valor em Wikidata
Santalla de Ozcos, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de febreiro de 1809 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Dompiñor, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
Estatua do marqués situada ás portas do seu Pazo en Ribadeo.

Traxectoria editar

Chegou a Ribadeo no 1768, e ó ano seguinte xa era administrador da casa de Guimarán, por encargo do ribadense emigrado ó territorio do Perú Bernardo Rodríguez de Arango y Mon[2]. Impulsou a industrialización da zona, creando primeiro unha ferrería e logo toda unha industria en Sargadelos, na que chegou a fabricar armas e vaixelas finas. Igualmente, impulsou o comercio, que foi a base da súa fortuna persoal, tanto por mar como no interior da península, de liño e alcohol, e xestionou minas. Nos tempos da guerra da Independencia, os seus inimigos políticos e económicos conseguiron o seu linchamento en Dompiñor (Piñeira, Ribadeo) o 2 de febreiro do ano 1809, día no que a turba entrou na súa casa en Ribadeo e saqueouna.[2]

As súas fábricas en Sargadelos continuaron funcionando ata o ano 1875, sendo poxadas no 1878.

O título de Marqués foille outorgado tras a súa morte, seguindo na familia ata a actualidade.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Pangallaica.com (2008). "Santalla de Oscos: Tierra natal del Marqués de Sargadelos". Consultado o 28 de setembro 2008. Don Antonio Raimundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos, nació en la aldea de Ferreirela, donde aún quedan restos de su casa natal. 
  2. 2,0 2,1 "Ribadeo en el fulgor y muerte de Antonio R. Ibáñez". La Voz de Galicia. 1 de agosto de 2016. Consultado o 6 de agosto de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar