Antonio Ozores
actor español
Antonio Ozores Puchol, nado en Burjassot (Valencia) o 24 de agosto de 1928 e finado en Madrid o 12 de maio de 2010, foi un actor español.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de agosto de 1928 Burjassot, España |
Morte | 12 de maio de 2010 (81 anos) Madrid, España |
Causa da morte | Morte natural (Cancro ) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | actor , guionista , director de cinema , actor de cinema |
Período de actividade | 1950 - 1993 |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Elisa Montés (pt) (1958–1969) |
Fillos | Emma Ozores |
Pais | Mariano Ozores Francés (pt) e Luisa Puchol (pt) |
Irmáns | José Luis Ozores (pt) e Mariano Ozores (pt) |
|
Biografía editar
Pertence a unha das sagas cinematográficas máis coñecidas de España, sendo fillo dos actores Mariano Ozores (pai) e Luisa Puchol, pai da actriz Emma Ozores, exmarido da actriz Elisa Montés, irmán do actor José Luis Ozores, irmán tamén do escritor, director e actor Mariano Ozores, tío da actriz Adriana Ozores e cuñado das actrices Emma Penella e Terele Pávez.
Filmografía editar
Traballou en máis de cento cincuenta películas. Algúns dos filmes nos que participou como protagonista foron Esto es un atraco (1987), Canción triste de... (1988), El Equipo Aahhgg (1989) ou Los obsexos (1989).
Galardóns editar
- TP de Oro 1992 ó mellor actor polo papel de Juan na serie de televisión Taller Mecánico.
Notas editar
- ↑ Falece o cómico Antonio Ozores aos 81 anos Arquivado 15 de maio de 2010 en Wayback Machine., artigo en Xornal.com.
- ↑ Morre o actor Antonio Ozores aos 81 anos Arquivado 12 de maio de 2014 en Wayback Machine., artigo en Galiciaé.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Antonio Ozores en Filmaffinity (en castelán e en inglés).