Antonio Neira Otero

dependente de comercio e sindicalista galego

Antonio Neira Otero, nado en Vilagarcía de Arousa en 1911 e finado no mesmo concello o 9 de xuño de 1997,[1] foi un político galego.

Infotaula de personaAntonio Neira Otero
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor em Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xuño de 1997 Editar o valor em Wikidata (85/86 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndependente , sindicalista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dependente de comercio. Membro da UGT e afiliado á Agrupación Socialista de Vilagarcía de Arousa. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia de Vilagarcía. Foi detido o 17 de setembro e enviado á prisión da Illa de San Simón. Xulgado en consello de guerra por rebelión militar o 1 de abril de 1937, foi condenado a 30 anos de reclusión. O 15 de xuño de 1938 foi enviado á prisión do Fuerte de San Cristóbal de Pamplona, de onde saíu en prisión atenuada o 2 de setembro de 1940.

Vida persoal editar

Casou con Francisca Ruperta Rietz Vázquez, filla de Robert Rietz Sieman, e foi pai de Roberto, Juan Antonio e Alejandrina Neira Rietz.[2]

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 10-6-1997, p. 46.
  2. "La familia Rietz". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 03 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar