Antonio Moresco

escritor italiano

Antonio Moresco, nado en Mantua o 30 de outubro de 1947, é un escritor italiano.[1] A súa literatura, que intenta ir para alén da posmodernidade, foi comparada coa de Franz Kafka ou Thomas Pynchon.[2]

Infotaula de personaAntonio Moresco

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Mantua, Italia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional, Drama e xornalismo de opinión Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , dramaturgo , xornalista de opinión Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoObra de teatro, conto e ensaio Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

IMDB: nm5456310 BNE: XX1776636 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi un escritor serodio, xa que moitos editores rexeitaron as súas obras. En 1993, saíu do prelo a súa primeira novela, Clandestinità ("Clandestinidade"), mais comezou a ser recoñecido pola súa triloxía Giochi dell'eternità ("Os xogos da eternidade"): Gli esordi ("Os comezos", 1998), Canti del caos ("Cantos do caos", 2001, 2003) e Gli increati ("Os increados", 2015).[2] Tamén publicou contos e literatura infantil.

Moresco organizou numerosas marchas colectivas por Italia e o resto de Europa, que son tratadas nos seus libros.

Obra editar

  • Clandestinità ("Clandestinidade", 1993)
  • La cipolla ("A cebola", 1995)
  • Lettere a nessuno ("Carta a ninguén", 1997)
  • Gli esordi ("Os comezos", 1998)
  • La visione ("A visión", conversa con Carla Benedetti, 1999)
  • Il vulcano ("O volcán", 1999)
  • Storia d'amore e di specchi ("Unha historia de amor e espellos", 2000)
  • La santa ("A santa", 2000)
  • Canti del caos ("Cantos do caos", 2001)
  • L'invasione ("A invasión", 2002)
  • Canti del caos (segunda parte, 2003)
  • Lo sbrego (2005)
  • Scritti di viaggio, di combattimento e di sogno ("Escritos de viaxe, de combate e de soños", 2005)
  • Zio Demostene ("O tío Demóstenes", 2005)
  • Merda e luce ("Merda e luz", 2007)
  • Le favole della Maria ("As fábulas de María", 2007)
  • Zingari di merda ("Xitanos de merda", 2008)
  • Gli incendiati (2010)
  • La lucina ("A pequena luz", 2013).
  • Tutto d'un fiato ("Todo nun suspiro", 2013)
  • Fiaba d'amore ("Fábula de amor", 2014)
  • Gli increati ("Os increados", 2015)
  • L'addio ("A despedida", 2016)
  • Canto di D'Arco ("Canto de D'Arco", 2019)
  • Canto degli alberi ("Canto das árbores", 2020)

Notas editar

  1. "Interview with Antonio Moresco". The Arkansas International (en inglés). 2021-05-26. Consultado o 2024-05-17. 
  2. 2,0 2,1 "Games of Eternity (Giochi dell’eternità) by Antonio Moresco". The Untranslated (en inglés). 2018-07-31. Consultado o 2024-05-17.