Antonio María Esquivel

pintor español

Antonio María Esquivel, nado en Sevilla o 8 de marzo de 1806 e finado en Madrid o 9 de abril de 1857, foi un pintor español.

Antonio María Esquivel
Autorretrato, 1847
Nacemento8 de marzo de 1806
 Sevilla
Falecemento9 de abril de 1857
 Madrid
Nacionalidadeespañola
FillosVicente Esquivel e Carlos María Esquivel
Eidoretratista
Movementoeclecticismo
editar datos en Wikidata ]
Xosé e a muller de Putifar, 1854.

Traxectoria editar

Fillo dun oficial de cabalería finado na Batalla de Bailén cando Antonio María tiña dous anos. En 1823 participou na defensa de Cádiz fronte aos Cen Mil Fillos de San Luís.

Estudou na Escola de Debuxo de Sevilla. En 1831, xa casado, trasladouse a Madrid, onde foi nomeado académico da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Durante unha longa enfermidade perdeu temporalmente a visión debido a unha afección herpética, o que o levou a unha depresión (tentou botarse ao río en dúas ocasións) da que logrou saír grazas á intervención de Xenaro Pérez Villamil. Este abriu unha subscrición no Liceo Artístico e Literario de Madrid para lograr os fondos cos que custear un tratamento cun médico francés, cousa que conseguiu coa colaboración dos principais artistas españois do momento. Trala súa recuperación, en agradecemento á Sociedade, entregoulle o seu cadro A caída de Luzbel, e lembrando a moitos daqueles que colaboraron pintou o seu célebre "Os Poetas" (1846), onde os retratou. Hai que lembrar que un dos pintores que colaboraron á rifa entregando unha das súas obras foi o compostelán Ramón Antonio Gil Rey, membro coma el da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

Entre as súas obras están, de tema relixioso Adán e Eva, A casta Susana, O anxo das ánimas, A virxe de Belén, Xesús no horto e O milagre do resucitado en Rami; de tema histórico A campá de Huesca; de tema mitolóxico O nacemento de Venus; e os retratos Isabel II e a infanta Luisa Fernanda, Julián Romea, O neno Manuel Flores Calderón e Dona María Cristina.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar