Antonio López Hernández

arquitecto galego

Antonio López Hernández, nado na Coruña en 1879 e finado en Madrid o 16 de xullo de 1950, foi un arquitecto galego.

Infotaula de personaAntonio López Hernández
Biografía
Nacemento1879 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de xullo de 1950 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou a carreira na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, licenciándose en 1904. Traballou nun primeiro momento coma arquitecto funcionario do Ministerio de Facenda en Sevilla, de 1906 a 1908, trasladándose deseguido a Pontevedra e A Coruña, onde casou con Carmen López Martínez en 1910. Continuou co seu traballo para o Ministerio amais de como arquitecto libre en diversos proxectos desta cidade entre 1910 e 1913. Daquela trasladouse a Pontevedra como arquitecto do catastro, onde residirá até 1932.

En 1920 traballará interinamente no posto de arquitecto municipal de Pontevedra á vez que foi nomeado presidente da Asociación de arquitectos de Galicia nesta cidade. Volveu á Coruña en 1932, cunha menor produción respecto da desenvolvida na súa anterior estadía. Trasladouse a Madrid en 1944, onde faleceu.

Obra editar

 
A Terraza, en Sada.
 
Á dereita, a Casa Arambillet.

López Hernández, xunto con Ricardo Boán Callejas, está considerado o introdutor do modernismo na cidade da Coruña.[1] Entre as súas obras destacan:

Tamén realizou varias obras modernistas na cidade de Pontevedra:

  • Casa Sanz Díaz, na avenida da Coruña, 20.
  • Ornamentación da Casa da Confraría da Peregrina, na praza da Peregrina.
  • Outras obras desaparecidas como o quiosco de prensa Enrique Paredes na praza da Ferrería (1921), unha casa na rúa Sagasta e a ornamentación doutra na rúa Serra, 10.

Notas editar

  1. "A arquitectura modernista". Coruña Turismo. Consultado o 21 de novembro de 2015. 
  2. "A Terraza de Sada". Turgalicia. Consultado o 21 de novembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar