Antonio Graña Giráldez
patrón de pesca e político galego
Antonio Graña Giráldez, nado en Cangas en 1911, foi un patrón de pesca e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1911 (112/113 anos) Cangas, España |
Alcalde de Cangas | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria editar
Patrón de pesca. Ex combatente na guerra civil. Foi xefe local do Movimiento de Cangas e despois conselleiro local do Movimiento. Foi nomeado alcalde de Cangas polo Ministro da Gobernación a finais de xaneiro de 1974.[1] Tomou posesión o 1 de febreiro.[2] Presentou a súa dimisión por motivos de saúde e idade en outubro de 1976,[3] que lle foi aceptada a finais de xaneiro de 1977.[4]
Predecesor: Eduardo López Rodríguez |
Alcalde de Cangas 1974 - 1977 |
Sucesor: Fortunato Graña Núñez |
Recoñecementos editar
- Medalla da Vieja Guardia.