Antonio Fernández Crespo
guerrilleiro antifranquista
Antonio Fernández Crespo, coñecido como Fuenteoliva, nado en Fonte da Oliva (Valboa, O Bierzo) en 1918, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1918 (105/106 anos) Fonte de Oliva, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española |
Traxectoria editar
Ferreiro de profesión, foi membro do grupo de David Fuentes Velasco. Asistiu ao Congreso de Ferradillo. Foi axudante de Manuel Castro Tellado na III Agrupación da Federación, pero foi cesado polo Estado Maior. En decembro de 1947 apareceu na prensa unha requisitoria demandando a súa presentación no Xulgado Militar eventual nº 1 de Lugo pola causa 215/46.[1] Logrou pasar a Francia en 1948.
Notas editar
- ↑ El Progreso, 27-12-1946, p. 2.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.