Antonio Daniels

baloncestista estadounidense

Antonio Robert Daniels, nado o 19 de marzo de 1975 en Columbus, Ohio, é un xogador americano de baloncesto profesional.

Antonio Daniels
Posición Base
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 27 de outubro de 1988 (35 anos)
Columbus, Ohio
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Información da carreira
Instituto St. Francis DeSales
Universidade Bowling Green State
NBA Draft 1997 / Rolda: 1 / Elección: 4
Por Vancouver Grizzlies
Carreira dende 1997
Historial de equipos
Premios e galardóns
  • Campión da NBA (1999)
Información en nba.com

Traxectoria profesional editar

Tras xogar na universidade cos Bowling Green Falcons, Daniels foi seleccionado polos Vancouver Grizzlies na 4ª posición do Draft da NBA de 1997. Na súa carreira, xogou para os Grizzlies, os San Antonio Spurs, cos cales foi campión da NBA en 1999; cos Portland Trail Blazers, cos Seattle SuperSonics e cos New Orleans Hornets. Chegou a Nova Orleáns nun traspaso a tres bandas cos Washington Wizards e os Memphis Grizzlies, o 10 de decembro de 2008.[1]

O 9 de setembro de 2009, foi traspasado aos Minnesota Timberwolves xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2014, a cambio de Bobby Brown e Darius Songaila.[2] O 24 de setembro de 2009, Daniels chegou a un acordo para desvincularse do equipo.[3] O 1 de novembro de 2010, Daniels foi seleccionado polos Texas Legends da NBA Development League na 13ª posición do Draft da NBA D-League.

O 3 de abril de 2011, Daniels asinou un contrato de 10 días cos Philadelphia 76ers.[4]

Notas editar

  1. HORNETS ACQUIRE ANTONIO DANIELS FROM WIZARDS
  2. "Wolves Acquire Antonio Daniels from New Orleans". NBA.com. 2009-09-09. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2011. Consultado o 2009-09-09. 
  3. "Wolves Request Waivers on Antonio Daniels". NBA.com. 2009-10-24. Consultado o 2009-10-25. 
  4. Legends' Antonio Daniels gets call from 76ers

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar