Antonio Crespo

guerrilleiro antifranquista galego

Antonio Crespo, coñecido como Capitán ou Fotógrafo, finado no Porriño 31 de marzo de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaAntonio Crespo
Biografía
Morte31 de marzo de 1946 Editar o valor em Wikidata
O Porriño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesCapitán
Fotógrafo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1936 era capitán de Carabineiros da 5ª Brigada. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte. En 1945 estaba na comarca de Deza como enlace do Comité Central do PCE. O 14 de novembro de 1945 asaltou o domicilio do cura de Atios (O Porriño) Policarpo Bernárdez Rodríguez, ao que matou dun disparo. Agochouse durante un tempo na zona do Porriño. Foi morto pola Garda Civil na estación do Porriño na madrugada do 31 de marzo de 1946 cando trataba de subir a un tren de mercancías que se dirixía a Madrid.[1] No enfrontamento morreu tamén o garda civil Ángel Lareo Alfonso.

Notas editar

  1. Antonio Crespo viaxaba con documentación falsa, pois no Rexistro civil do Porriño aparece rexistrada a súa morte co nome de Eladio Hortecillas Aroca, xornaleiro nado en Cuenca de 28 anos, aínda que nun primeiro momento foi rexistrado como Arturo R. Villar.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Instituto de Estudios Vigueses, ed. Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo. pp. 490–491. ISBN 84-89599-33-5. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 53. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas editar